martes, 24 de maio de 2016

Anxos Sumai participa no club de lectura

A última lectura realizada no club de lectura da biblioteca foi A lúa da colleita de Anxos Sumai.


A autora case veciña, xa que é de Catoira, tivo a amabilidade e xenerosidade de visitarnos e conversar con nós. O coloquio transcurriu nun ambiente distendido e ameno. Anxos respondeu a todas as nosas preguntas, participou no coloquio que abarcou tamén outra novela dela, lida no club fai xa dúas tempadas, Así nacen as baleas e que nos deixara un bo recordo.

Por todo iso houbo momentos no que a conversación derivou cara o seu método de traballo a hora de escribir, de organizar os temas e estruturar a narración. Das dificultades de autocorrección, de elexir un título, da presenza das referencias musicais, ou do seu estilo de prosa tan poética que a desvela coma una lectora ávida de poesía. 
Unha lectura moi recomendable! Grazas Anxos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario