venres, 27 de outubro de 2017

Club de lectura

O club de lectura xa está de volta!
Empezamos falando dos libros que nos acompañaron durante o verán. Olalla recomendou Tierra de Campos de David Trueba e de Alejandro Palomas, Una madre. Pili comentou o moito que lle gustou Tenemos que hablar de Kevin de Lionel Shriver e Chus apuntou Todo esto te daré de Dolores Redondo.



Iniciamos esta nova tempada co título La amiga estupenda de Elena Ferrante. Esta obra é a primeira dunha tetraloxia que tivo un gran éxito e do que na biblioteca somos testigos xa que a demanda era continua. Como vén sendo habitual houbo disparidade de opinións. Algúns dos integrantes do grupo comentaron que a relación de amistad entre as nenas non era creíble, así como o personaxe de Lila, que parecía demasiado extremo. Destacouse a violencia que se respira na historia tanto na familia como na escola ou nas rúas.


O libro deixa un final aberto, con moitos fíos por atar sen embargo non todos mostraron interés por seguir coa saga.Outro dos temas que dou xogo foi o da autoría. Elena Ferrante é un seudónimo e polo tanto descoñécese realmente quen está detrás. Algúns tiñán moi claro que a escrita era a dun home pero... quen sabe?





A seguinte reunión terá lugar o 30 de novembro e o título do libro que comentaremos é La caída de los cuerpos de Maurice Druon.



mércores, 25 de outubro de 2017

Tirando do fío na biblioteca


Onte, 24 de outubro Día da Biblioteca, un grupo de nenos e nenas disfrutaron coa sesión de contos de Fátima Villamel.










Tirando do fío enredáronse contos que nos levaron a outros mundos, coñecemos a personaxes peculiares e vivimos situacións moi divertidas.


Unha hora chea de pequenas e grandes historias, moitos sorrisos de grandes e pequenos e fíos para todos para poder seguir contando na casa.


Grazas rapaces pola vosa participación!

mércores, 18 de outubro de 2017

Día da biblioteca


Participa neste certame organizado polo Observatorio de la Lectura y el Libro. Envía unha foto tomada nalgunha biblioteca, no exterior ou dentro do edificio. A fotografía debéra acompañarse dunha mensaxe onde apareza o nome da biblioteca, a localidade onde se atopa e o hashtag #EstoyenlaBiblio. Anímate!

Tirando do fío: contos para todos e todas


O martes 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca e como sempre queremos festexalo. Este ano contamos cunha sesión de contos a cargo de Fátima Villamel e a nosa pretensión é que pequenos e grandes pasen unha tarde estupenda na biblioteca municipal, a biblioteca de todos.

mércores, 11 de outubro de 2017

Tardes de medo na biblioteca


Durante tres venres consecutivos do mes de outubro vanse visionar tres películas de medo na biblioteca. Esta actividade organizada polo Cine Clube Itinerante Autoxestionado está moi ligada ás vindeiras datas do Samaín e estará apoiada por unha pequena mostra de libros e películas de terror que temos na biblioteca. Animámosvos a participar!