martes, 29 de maio de 2018

Coñece a túa biblioteca


O curso escolar está a piques de rematar e as visitas guiadas á biblioteca do programa Coñece a tua biblioteca tamén. Achegar os servizos e fondos do centro así como a animación á lectura son algúns dos obxectivos que se pretenden.
As nenas e nenos de Infantil do colexio La Encarnación:



Os rapaces de Infantil e Primaria do CPR San Fermín:







 Os últimos en visitarnos foron  os peques da Gardería municipal:


No mes de xuño esperamos a visita dos nenos e nenas do CRA de Caldas de Reis (Escolas de Educación Infantil de Saiar, Godos, Carracedo e Santo André), das Escolas de Educación Infantil de Curro, Lantaño e Romai e dos pequenos do CEIP Amor Ruibal de Barro.

sábado, 26 de maio de 2018

Fotoconto

Onte pola tarde tivo lugar un obradoiro creativo onde un grupo de nenos e nenas elaboraron o seu propio conto.


Escolleron palabras e pouco a pouco a historia tomaba forma.


Foi un traballo conxunto onde todos aportaron o seu gran de area.


O seguinte paso foi a ilustración. Foi laborioso pero coa participación de todos logramos o noso obxectivo.

Os nenos ademais de autores do conto, tamén son personaxes da historia xa que as súas fotos convertíronse en parte das ilustracións da obra. Nuns días teremos o conto a disposición de todos aqueles que o queiran ver.
Foi unha tarde moi divertida!

martes, 22 de maio de 2018

Venres de conto: O cataventos e outras historias de Vilaxeada



Érase unha vez, unha vila chamada Vilaxeada onde vivía unha velliña moi velliña a quen o sol lle acariciaba as súa engurras todas as mañás…


Deste xeito dou comenzo a actividade organizada pola biblioteca de Caldas de Reis para aportar o seu gran de area ás celebracións polo día das Letras Galegas. Non hai mellor maneira que agasallar cuns contos de Mª Victoria Moreno.


A sesión de contos levaba como título O catavento e outras historias de Vilaxeada e desenvolveuno a narradora oral, escritora e poeta Charo Pita que se achegou toda feliz á vila de Caldas tras gañar o premio Manuel Murguía de narración breve.


Entre contos da homenaxeada este ano polo día das letras, e unhas cancións que fixo a ledicia de todos os asistentes, pasou a tarde do venres marabillosamente para os trinta rapaces que asistiron e os maiores que se quedaron a gozar dunha actividade familiar de lecer.


A actividade está cofinanciada entre o Concello de Caldas de Reis e o programa Ler conta moito da Consellería de Cultura. 

venres, 18 de maio de 2018

Venres de conto: Fotoconto

Queredes ser os protagonistas dun conto? 
Animádevos a participar neste obradoiro creativo e as vosas fotos se convertirán nas ilustracións máis orixinais.

luns, 14 de maio de 2018

Debulendo lendas... galegas


 Debulendo lendas galegas era a proposta que chegou da man de Esteban de Tarabelos Teatro ata a biblioteca de Caldas de Reis na tarde do venres. E vaia se debulimos! 

 
  
Unha trintena de rapaces e maiores, pais, nais, avós... que cada vez máis se animan a gozar cos seus, dun espectáculo en familia.

 

Onde coa axuda dun precioso kamishibai, ían saíndo lendas. 
Ainda que o principio houbo un momento para falar sobre a figura de María Victoria Morena, a autora a quen este ano se lle adica o día das Letras Galegas.


 

Resultou unha actividade moi interactiva e animada onde cantamos todos e bailaron algunhas das voluntarias. O baile festexaba o triunfo do pobo ante a terrible Coca de Redondela.
 

 Foi toda unha festa!


Con diversión e risas lembramos ao pirata Drake e a valente María Pita con axuda do público. Houbo loita de espadas e todo.



 

Esteban tamén nos contou unha lenda onde aparecía unha serea, personaxe mítico que ás veces é malvado e outras non. E coa serea sempre vai un mariñeiro. Entre o público se atopaban.


 Coñecemos o modo de atrapar gamusinos, eses animais tan esquivos e coma misteriosos...

    

A rapazada debuxaba, a medida que os contos ían medrando, algúns dos personaxes ou elementos necesarios e importantes nas lendas. Foi todo un aprender ou recordar rindo a ritmo de pandereitas e xotas. E rematamos cantando e batendo as palmas

Todo iso cun fantástico kamishibai e uns debuxos impresionantes.

Un boa tarde de contos e lendas.

sábado, 12 de maio de 2018

Novidades

O vindeiro luns 14 poderedes levar en préstamo as últimas novidades chegadas á biblioteca.  Como sempre hai un pouco de todo e para todos.

Para os máis novos da casa...


 Narrativa para adultos e tamén algo de poesía e teatro:



Ensaio e divulgación sobre temas moi variados:


Para ver o listado completo:

mércores, 9 de maio de 2018

Libros radioactivos?!

Hai libros que por diversos motivos os usuarios non levan en préstamo polo que decidimos  quitalos dos andeis e animar aos lectores a levalos para a casa e darlles unha oportunidade. Animádevos!

sábado, 5 de maio de 2018

A galiña dos ovos de conto

Na tarde do venres na biblioteca de Caldas escoitouse un cacarexar especial!. Electra Menéndez de Pedras, artesanía e patrimonio veu visitarnos cunha galiña moi especial. 
A galiña dos ovos de conto, fixo as delicias dos rapaces, xa que modelaron o seu propio personaxe de conto para o que tiveron que meter as mans en fariña.
E iso é moi divertido!


Electra invitounos a ir ao galiñeiro, onde cada neno retirou un ovo que era un personaxe de conto. 

Pero a galiña cantou que se querían máis ovos-personaxes había que facelos. 








E así sairon polbos, dinosaurios, monstros varios e ata coellos.


Grazas rapazada pola vosa creatividade e ata a próxima!


venres, 4 de maio de 2018

Debulendo lendas...galegas

Outro Venres de conto esta vez da man de Tarabelos. Como sempre que Esteban visita a Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis seguro o pasaremos ben. Animádevos!