martes, 6 de febreiro de 2024
xoves, 1 de febreiro de 2024
Caracol, cara de col
O venres 2 de febreiro Baia Fernández de la Torre presentará o seu último libro para público infantil, Caracol, cara de col. Terá lugar na biblioteca ás 18.00h. A actividade dirixida a público infantil e familiar contará cunha sesión de "pintacaras". Para poder participar é preciso a inscrición na biblioteca.
xoves, 14 de decembro de 2023
O Nadal chega á biblioteca
Este mes de decembro temos dúas actividades na biblioteca para os máis pequenos da casa. Como é habitual é preciso inscrición para participar. Animádesvos?
mércores, 22 de novembro de 2023
xoves, 19 de outubro de 2023
Outono na biblioteca
Estos últimos días a biblioteca encheuse de xente grazas ás actividades que se levaron a cabo. O venres 13 de outubro tivemos unha sesión de contos e un pequeno obradoiro do que gozaron un grupo de nenos e nenas acompañados dos seus pais.
Por outra banda esta semana viñeron a visitar a biblioteca os rapaces de 1º e 2º da ESO do IES Aquis Celenis. Con esta actividade, "Coñece a túa biblioteca", pretendemos achegar os servizos ao alumnado dos centros educativos do Concello de Caldas de Reis para que poidan aproveitar ao máximo os recursos que teñen ao seu alcance.
Para a vindeira semana teremos máis visitas na biblioteca, o club de lectura e por suposto o martes 24 de outubro a celebración do Día da Biblioteca cunha sesión de contos para nenos e nenas.
luns, 2 de outubro de 2023
Outono cultural
O outono ven cargadiño de actividades. A biblioteca tamén está presente neste calendario cunha presentación dun libro, sesións de contos e obradoiros.
Seguro que atopas algunha que se adapte aos teus gustos!
luns, 3 de xullo de 2023
Recta final
A recta final do trimestre estivo chea de actividades.
Para mostra un botón:
![]() |
O 5 de maio estivemos con Iseo a Moura e "A grandeza do pequeno". |
![]() | |||
Trémola Teatro presentounos o 19 de maio "A gran aventura dos animais" | . |
![]() | ||
O 2 de xuño o Mago Paco deixounos "Unha maxia diferente". |
![]() |
Integrantes do club de lectura participaron do roteiro Castelao pola cidade de Pontevedra o sábado 10 de xuño. |
![]() |
Ata o último momento tivemos visitas escolares. Foi un pracer pechar cos maiores de infantil do CPR San Fermín. |
![]() | |||
Non esquecemos aos máis novos. Charo Pita contou para eles o venres16 de xuño. |
Por suposto non nos olvidamos da última reunión da tempada do club de lectura que como é habitual fíxose tomando uns viños nun local do pobo.
Grazas a todos pola vosa participación!
venres, 26 de maio de 2023
venres, 12 de maio de 2023
Coñece a túa biblioteca
Como é habitual a biblioteca presenta cada novo curso escolar o programa Coñece a túa biblioteca aos distintos centros educativos do Concello de Caldas de Reis. O obxectivo é dar a coñecer á rapazada os recursos, organización e servizos da biblioteca municipal, así como achegalos o libro e a lectura preséntandolles de forma amena e divertida aqueles materiais que poidan despertar a súa curiosidade. A animación á lectura está presente nas visitas polo que estas adáptanse tanto en contidos como formato aos distintos cursos e niveis.
O pasado mes de abril visitaron a biblioteca os nenos e nenas de Infantil do CPR La Encarnación. Durante tres mañáns gozaron coa Cociña dos contos da biblioteca.
Grazas ao profesorado polo interese e implicación nestas actividades!
![]() |
Os máis pequenos estiveron atentos e moi participativos. |
![]() |
Os de 5º de Infantil axudaron a preparar un rico menú de conto. |
![]() | |||
Os rapaces de 6º de Infantil estiveron o 24 de abril e polas súas caras deberon pasalo ben. |
xoves, 27 de abril de 2023
venres, 21 de abril de 2023
luns, 17 de abril de 2023
A casa das letras
Uns vinte rapaces e rapazas gozaron con Electra Menéndez de "Pedras, artesanía e patrimonio" o pasado venres pola tarde. Primeiro escoitamos un conto e a continuación participamos dun obradoiro onde as habilidades e a imaxinación foron as protagonistas.
As fotografías dan testemuña que foi unha tarde divertida!
mércores, 5 de abril de 2023
martes, 4 de abril de 2023
Animais do bosque con Trinketrinke
O pasado venres tivo lugar o contacontos teatral "Animais do bosque". Un grupo de máis de trinta nenos e nenas, acompañados dos seus pais, achegáronse ata a biblioteca para gozar con Trinketrinke. Fuco, un ratiño de biblioteca, trouxonos unha chea de contos e cancións ata a nosa biblioteca. Que ben o pasamos!
luns, 27 de marzo de 2023
Unha primavera de conto
Como é habitual nestas datas iniciamos unha serie de actividades dirixidas a público adulto e infantil encadradas no programa "Unha primavera de conto" co que se pretende dinamizar o centro e fomentar a lectura entre a veciñanza.
Estos dous últimos venres foron moi especiais na biblioteca. Por un lado o 17 de marzo contamos coa presenza de Charo Pita que veu a falarnos un pouco máis do seu libro "Retratos en branco e negro" que lemos e comentamos no club de lectura do mes de febreiro.
E "Coa palabra na boca" deixounos María da Pontragha o pasado venres 24 de marzo. Unha sesión de contos para celebrar o Día da narración oral e que gozamos todos quedándonos con ganas de escoitar máis historias da nosa tradición popular.
xoves, 23 de marzo de 2023
Coa palabra na boca
Dende fai uns anos e con motivo da celebración do Día da narración oral, que tivo lugar o pasado 20 de marzo, a biblioteca municipal quere poñer en valor a nosa rica tradición oral e salientar a importancia dos contos para todo tipo de público.
martes, 14 de marzo de 2023
venres, 13 de xaneiro de 2023
Fartura de Nadal
A compañía Rilo&Penadique, formada por Vero Rilo e Sonsoles Penadique, veu á biblioteca o deleitarnos co espectáculo "Fartura de Nadal" que gustou moito, tanto aos máis pequenos coma aos seus familiares.
Houbo contos, música e humor para celebrar o Nadal.