venres, 24 de febreiro de 2017

Presentación de recursos para os máis pequenos


Club de lectura de febreiro

O cabo do mundo, a novela de Xabier Quiroga, foi onte a protagonista da reunión do club de lectura.
Esta obra ambientada en terras do sur lucense e inspirada en sucesos reais da Guerra Civil gustou moito a case todos. A dificultade estaba nas primeiras páxinas, onde unha linguaxe un pouco complexa e unhas descripcións que ralentizan a lectura desanimaron a algún integrante do club.

Estrella leu algún parágrafo dos moitos que lle gustaron













Sen embargo, unha vez superado este escollo a novela engancha e estabas desexando collela nas mans para coñecer como iba desenvolvéndose esta historia tan dura pero igualmente interesante.



Falamos do grandísimo traballo de documentación que fixo o autor e que tamén nos impulsou a nós a indagar algo máis sobre o tema e algún dos personaxes dos que se fala na novela.
A biblioteca conta con outras obras do mesmo autor.
Anímate!
Na reunión do mes de marzo falaremos da obra "La ciudad y los perros" de Mario Vargas Llosa. Xa comentaremos cales foron as impresións.

sábado, 18 de febreiro de 2017

Contos para os máis pequenos

Hoxe foi un día especial. Un grupo de nenos entre un e tres anos acompañados dos seus pais e nais viñeron ata a biblioteca a unha sesión de contos. Pensamos que o pasaron ben...pequenos e grandes!





 
Cris quitou dunha caixa un montón de cousas que deron pé a cantar cancións, facer rimas e contar contos.








Xogamos coa mans!


Cantamos os cinco lobiños!


Nomeamos os dedos...


Foi un pracer contar con vós! 
Esperámosvos o vindeiro sábado 4 de marzo ás 12.00h para coñecer un feixe de libros que farán as delicias de todos. A biblioteca tamén para os máis pequenos!