luns, 29 de maio de 2017

Visitas dos colexios

Os últimos centros en visitarnos foron os nenos de 3º de Primaria do CPI Alfonso VII e os pequenos do Colexio La Encarnación.
As visitas teñén dúas partes ben diferenciadas. En primeiro lugar falamos sobre a biblioteca, os seus servizos, ordenación, préstamo, etc. Na segunda a animación á lectura é o noso obxectivo, mostrándolles material atractivo e presentándollo de maneira distinta ós diferentes grupos.

Un grupo dos pequenos escoitando unhas adiviñas.

  
Descubrindo a que sabe a lúa...
Mostrándolles aos de 3º de Primaria unha pequena selección de obras de coñecemento.


Lendo un parágrafo moi divertido que aparece na obra de Hasta (casi) 100 bichos.

Desexamos que o pasaran moi ben!

Club de lectura

O último día de Terranova de Manuel Rivas foi todo un reto. A súa lectura non foi fácil. A estructura, o vocabulario, as múltiples referencias literarias e musicais, as voces narrativas, etc. precisaban dunha lectura pausada.


Destacouse unha linguaxe poética, a presencia duns personaxes orixinais, como Expectación ou Eliseo entre outros, as múltiples tramas que se dibuxan na obra... Alguen comentou do amplo despregue de coñecementos do que fai gala o autor e que nalgún momento podían entorpecer a lectura da obra.
En calquera caso e coma sempre a súa lectura dou para unha posta en común que nos enriqueceu a todas.







O próximo libro, e derradeiro da temporada, é unha obra do escritor inglés Ian Mcewan, La ley del menor. A reunión, coma sempre, o último xoves de mes.


luns, 22 de maio de 2017

Os contos de Casares

O sábado pola mañán un grupo de vinte rapaces acudiron á biblioteca pública municipal e grazas a unha sesión de contos e un obradoiro coñeceron un pouco mellor a figura do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas: Carlos Casares.


















Estiveron moi atentos no momento do conto. Cris faloulles dos distintos personaxes que hai na obra de Casares dirixida aos máis pequenos, o can Rin e o lobo Crispín, Lolo, Toribio...


Noa, María, Ángela e Inés sairon voluntarias para escenificar parte do conto A Galiña azul...


e semella que non lles foi complicado.

 Pasárono moi ben!




Tras os contos os rapaces pasaron a elaborar un marcapáxinas moi especial...








Este grupo de nenas parecen moi entretidas co traballo!

Os máis pequenos tampouco se quedaban atrás!

Aquí vemos unha pequena mostra dos marcapáxinas da galiña azul que todos fixeron ese día. 
Ata outra rapaces!

mércores, 10 de maio de 2017

Carlos Casares na biblioteca

Este ano o 17 de maio, Día das Letras Galegas, o autor homenaxeado é Carlos Casares. Desde a biblioteca municipal, coma ven sendo habitual, fíxose unha pequena mostra do material que hai no centro da súa autoría.


Para máis información das obras que temos de Carlos Casares na biblioteca consulta o seguinte enlace:

Os contos de Casares


luns, 8 de maio de 2017

O Xigante chega á biblioteca de Caldas

O sábado 6 de maio tivemos a visita da compañía Elefante Elegante que viña co seu espectáculo de contos teatralizado "O Xigante"


Un grupo de vintecinco nen@s acompañados dos seus pais escoitaron e gozaron coa historia do xigante, baseada nun conto de Oscar Wilde, e á que Gonçalo Guerreiro lle dou a súa impronta persoal.


A actividade, cofinanciada entre a Consellería de Cultura e o Concello,  forma parte do programa Ler conta moito e o obxectivo é, ademais de dinamizar o centro, a creación e mantemento do hábito lector no público máis novo.

Bibliotecas públicas de todos e para todos!

 

martes, 2 de maio de 2017

Novidades de maio

Este é un mosaico con algúns dos títulos que este mes de maio pasan a formar parte do fondo da biblioteca. Se queres ver o total de obras consulta o boletín de novidades e achégate polo centro: