venres, 25 de novembro de 2016

Club de lectura


Inglaterra, finais do século XX. No medio da idílica paisaxe campestre, un colexio exclusivo acubilla aos seus alumnos, protéxeos do mundo exterior, failles crer que son especiais, auténticos seres escollidos. Mais, por que están realmente alí? Kazuo Ishiguro, autor de The Remains of the Day (O que queda do día), explora nesta novela as posibilidades da ficción a través dun relato que agacha unha verdade terrible. Non me deixes nunca é a historia dun destino inesperado, dun fado arrepiante que pon de relevo a fraxilidade do ser humano fronte a un mundo aparentemente feliz. [Presentación Editorial]



 

Onte no club de lectura comentamos a obra Non me deixes nunca do escritor Kazuo Ishiguro. 
Foi publicada no 2005 con gran éxito de público e  crítica, estando nominada a varios premios un deles moi cercano a nós o Premio novela europea 2006


 
 

Novela de iniciación, distópica,  novela gótica ou de ciencia ficción son algúns dos calificativos que se lle deron a esta obra ainda que certamente non encaixe en ningunha delas.




Na reunión houbo un debate con moita paixón, posto que á maioría dos participantes non lles gustou a obra, pois ainda que o tema que se plantexaba nela era moi interesante, a lectura resultoulles aburrida. Sen embargo houbo unha minoría que gozaron moito coa súa lectura, defendendo cada quen a súa postura de forma vehemente.
A obra forma parte da colección da biblioteca...anímate a levala en préstamo!! 

A próxima reunión será o 22 de decembro para comentar Al mal tiempo, mejor cara de Barbara Constantine.






martes, 8 de novembro de 2016

Doazón de arte

A revista Románico: revista de arte de amigos del romániCO entrou na biblioteca grazas a unha doazón do seu director, Augusto Guedes de Castro, que estivo vinculado a Caldas a través do IES Aquis Celenis, centro onde foi profesor durante varios anos. 
É unha das poucas publicacións de arte editada en Europa sobre este estilo polo que pode ser de interese para estudantes e curiosos da materia.

Moitas grazas!!!