venres, 28 de setembro de 2018

Deseño de mochilas para grandes lectores



Patricia Núñez Sánchez de  "O Faiado de Nin" achégase o vindeiro venres día 5 de outubro ata a Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis cun feixe de material, coñecementos e moita paciencia para que poidamos facer as nosas propias mochilas para libros...PRAZAS LIMITADAS!

xoves, 27 de setembro de 2018

Club de lectura

 

Comezamos unha nova tempada do club de lectura para adultos e ainda hai prazas libres polo que te animamos a participar dunha actividade ben gratificante e de custo cero!
O libro a comentar o último xoves de outubro será:



luns, 24 de setembro de 2018

Inicio de clase

 

A semana pasada a Biblioteca Municipal participou na benvida aos alumnos de 1º e 2º da ESO do IES Aquis Celenis.


Como todos os anos o IES dá o pistoletazo de saída do curso cunha serie de actividades para os rapaces e este ano pensaron que unha contada sería o máis axeitado.
Cristina foi a encargada de facelo e cunha maleta chea de libros, un feixe de contos, uns máis tradicionais que outros, e anécdotas varias, animou aos rapaces a mergullarse nas historias 


Damos as grazas a Pedro e demais profesorado do IES Aquis Celenis por pensar que escoitar e gozar cos contos é unha boa maneira de empezar o curso escolar.
Bo curso a todos!

mércores, 19 de setembro de 2018

Novidades de setembro e outubro

Voltamos das vacacións con moitísimas novidades. Achégate, seguro encontrarás algo do teu gusto.






Poesía, cómic para adultos, novela romántica, histórica, de intriga e misterio...



















Lecturas que nos abren os ollos a outras realidades, que nos axudan coas nosas afeccións, lecturas para divertirnos cos nenos, para o noso tempo de ocio...
















E por suposto materiais para os máis pequenos da casa

Para consultar o listado de novidades completo vai ao seguinte enlace: