venres, 30 de decembro de 2016

Club de lectura

O xoves 22 de decembro foi unha xornada moi especial para o club de lectura, tiñamos moito que celebrar a pesar de que non nos tocou a lotería. Pero antes fixemos os deberes e comentamos a última obra lida, Al mal tiempo mejor cara de Bárbara Constantine. É unha lectura áxil e entretida cunha temática interesante ao tratar a soidade das persoas maiores, e as súas relacións interxeneracionais. O ton é vitalista e moi positivo. Tal como comentaba Virginia: " É unha lectura idónea para estas datas; todo de color de rosa!".


De todos modos estas características que gustaron a uns foron criticadas por outras persoas. A sencillez foi vista como simpleza; María e Angeles vían a obra case como xuvenil. O ton optimista restaba verosimilitude ao narrado de xeito que non había modo de crelo, tal como dicía Tati.













E despois dos comentarios e do debate intenso, chegou a hora do champán e o turrón pois o club de lectura tamén quere celebrar as festas navideñas.
Fixemos un alto entre polvorón e mazapán para recibir aos rapaces caldenses que conducen o programa de radio "El caso Stavinsky" en Radio Caldas, onde fan protagonistas aos caldense que están fóra e todas as actividades culturais do pobo.

Unha breve entrevista e unhas risas entre tod@s para rematar a última reunión do ano do club de lectura.






Na vindeira sesión, o xoves 26 de xaneiro debatiremos sobre La diosa del pubis azul de Espido Freire e Raúl del Pozo.
                                                                                                        

martes, 27 de decembro de 2016

Nadal de conto na biblioteca

O xoves e venres da semana pasada rematamos coas actividades de "Nadal de conto na biblioteca".







Esta vez tocoulles aos maiores. O xoves escoitaron contos e fixeron figuras para a árbore rapaces que cursan 1º e 2º de primaria.












O venres 23 de decembro un grupo de rapaces de 3º de primaria en diante botaron unhas risas coa historia dun lobo que quería comer a Papá Noel.
Despois traballaron arreo e fixeron uns divertidos centros de mesa navideños.
Moi contentos cos seus adornos navideños!

luns, 26 de decembro de 2016

Coñece a túa biblioteca

Fai uns día comezamos coas visitas dos centros educativos á biblioteca.




Os primeiros en vir foron os de 4º de Primaria do Colexio San Fermín. Despois dun percorrido pola biblioteca disfrutaron dun bo menú de contos






Os seguintes rapaces que nos visitaron foron os de 1º da ESO do IES Aquis Celenis. Primeiro fixemos un percorrido polo centro.







Rematamos cun conto que non sabiamos moi ben se era para nenos ou para adultos...




sábado, 17 de decembro de 2016

Nadal de conto na biblioteca

 

Como cada ano a biblioteca prepárase para estas festas e que mellor maneira de facelo que escoitando un conto de temática navideña.
Onte foi o día para os máis pequenos, nenos entre os tres e os cinco anos.

                                            
 

O conto elexido foi "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis". Algún neno xa o coñecía pero igualmente todos botamos unhas risas. Cris tamén nos falou do Apalpador...incluso cantamos unha canción!








As mesas enchéronse de papeis de cores, tesoiras e ceras. Os rapaces traballaron na elaboración dunha  árbore navideña.
                                             






Os nenos mostran os traballos que levaron  para os seus fogares.

Posando diante da árbore navideña da biblioteca. Este ano é un pouco especial xa que é de papel e imos decorala entre todos.  Onte fixeron unhas estrelas que xa lle fomos colocando.
A semana próxima tócalle aos maiores. O xoves 22 ás 12.00h da mañá teremos a actividade para os nenos de 1º e 2º de Primaria e o venres á mesma hora para os nenos de 3º en diante.
Inscríbete xa!!

venres, 9 de decembro de 2016

Nadal de conto na biblioteca


Escoitaremos algún conto, adornaremos a biblioteca e levaremos para as nosas casas un bonito agasallo navideño...


Inscríbete xa!

luns, 5 de decembro de 2016

NadaLibros



Preparándonos para as datas que se achegan quixemos facer unha pequena selección de materiais relacionados co Nadal.








Para os máis novos, para aqueles que non o son tanto, para decorar a casa, para argallar o menú, para... 

Achégate ata a biblioteca e bota unha ollada, seguro que atoparás algo do teu interese.



venres, 2 de decembro de 2016

Premiados

Calquer pretexto é perfecto para que os libros saian das estanterías e ocupen un posto máis visible na biblioteca. 

 



Estos días queremos achegarvos á obra da poetisa Chus Pato, recién nomeada académica numeraria da Real Academia Galega e do derradeiro premio Cervantes,  Eduardo Mendoza. 
Se non os coñeces prometemos moi bos momentos coa lectura de calquera das súas obras.