venres, 30 de decembro de 2016

Club de lectura

O xoves 22 de decembro foi unha xornada moi especial para o club de lectura, tiñamos moito que celebrar a pesar de que non nos tocou a lotería. Pero antes fixemos os deberes e comentamos a última obra lida, Al mal tiempo mejor cara de Bárbara Constantine. É unha lectura áxil e entretida cunha temática interesante ao tratar a soidade das persoas maiores, e as súas relacións interxeneracionais. O ton é vitalista e moi positivo. Tal como comentaba Virginia: " É unha lectura idónea para estas datas; todo de color de rosa!".


De todos modos estas características que gustaron a uns foron criticadas por outras persoas. A sencillez foi vista como simpleza; María e Angeles vían a obra case como xuvenil. O ton optimista restaba verosimilitude ao narrado de xeito que non había modo de crelo, tal como dicía Tati.













E despois dos comentarios e do debate intenso, chegou a hora do champán e o turrón pois o club de lectura tamén quere celebrar as festas navideñas.
Fixemos un alto entre polvorón e mazapán para recibir aos rapaces caldenses que conducen o programa de radio "El caso Stavinsky" en Radio Caldas, onde fan protagonistas aos caldense que están fóra e todas as actividades culturais do pobo.

Unha breve entrevista e unhas risas entre tod@s para rematar a última reunión do ano do club de lectura.






Na vindeira sesión, o xoves 26 de xaneiro debatiremos sobre La diosa del pubis azul de Espido Freire e Raúl del Pozo.
                                                                                                        

Ningún comentario:

Publicar un comentario