O venres 2 de febreiro Baia Fernández de la Torre presentará o seu último libro para público infantil, Caracol, cara de col. Terá lugar na biblioteca ás 18.00h. A actividade dirixida a público infantil e familiar contará cunha sesión de "pintacaras". Para poder participar é preciso a inscrición na biblioteca.
xoves, 1 de febreiro de 2024
Caracol, cara de col
luns, 2 de outubro de 2023
Presentación do libro "Lauviah. De ángeles y moscas"
Un bo amigo da biblioteca presenta o seu último libro na Biblioteca de Caldas de Reis. É un pracer contar con José Romero para que nos fale do seu poemario titulado Lauviah. De ángeles y moscas. A presentación terá lugar o venres 6 de outubro ás 20.30h.
mércores, 5 de abril de 2023
luns, 27 de marzo de 2023
Unha primavera de conto
Como é habitual nestas datas iniciamos unha serie de actividades dirixidas a público adulto e infantil encadradas no programa "Unha primavera de conto" co que se pretende dinamizar o centro e fomentar a lectura entre a veciñanza.
Estos dous últimos venres foron moi especiais na biblioteca. Por un lado o 17 de marzo contamos coa presenza de Charo Pita que veu a falarnos un pouco máis do seu libro "Retratos en branco e negro" que lemos e comentamos no club de lectura do mes de febreiro.
E "Coa palabra na boca" deixounos María da Pontragha o pasado venres 24 de marzo. Unha sesión de contos para celebrar o Día da narración oral e que gozamos todos quedándonos con ganas de escoitar máis historias da nosa tradición popular.
xoves, 23 de decembro de 2021
A luz de Caldas chega á biblioteca
O pasado 17 de decembro presentouse a obra "A luz de Caldas" do xornalista Fernando Salgado e editada polo Concello de Caldas de Reis. O libro pretende achegar ao público a historia da antiga central hidroeléctrica de Segade así como a súa recente adquisición por parte do Concello de Caldas de Reis.
O libro forma parte do fondo local pero destinarase un exemplar para o servizo de préstamo. Achégate ata a biblioteca a coñecer un pouco mellor o teu pobo!
"Días de Reykjavík" na biblioteca
Ernesto Diéguez Casal, veciño de Caldas de Reis presentou o pasado 7 de decembro na biblioteca municipal o seu libro de contos "Días de Reykjavík" editado pola editorial Piezas Azules. A presentación deixounos entrever a uns personaxes que teñen en común un tempo e un espazo, a cidade de Reykjavik, onde o noso autor viveu e traballou durante uns anos.
A obra xa forma parte da colección da biblioteca municipal e os usuarios poden levala en préstamo aos seus domicilios.
martes, 7 de decembro de 2021
luns, 15 de xullo de 2019
Un otoño en la pajarera
martes, 9 de xullo de 2019
mércores, 31 de outubro de 2018
Presentación do libro "1.306/36"
O autor estivo moi ben acompañado por Héitor Picallo que nos falou da represión no concello de Cuntis e por Pepe Casal que tratou o mesmo tema pero vinculado ao de Caldas de Reis.
luns, 22 de outubro de 2018
xoves, 13 de xullo de 2017
Presentación de Canciones para no escuchar
Moita cola houbo para que o autor firmase exemplares!
venres, 30 de xuño de 2017
Presentación de libro "Canciones para no escuchar"
sábado, 1 de abril de 2017
Presentación do libro Aprender a comer solo
luns, 27 de marzo de 2017
sábado, 11 de marzo de 2017
Un cesto de mazás
venres, 3 de marzo de 2017
Presentación do libro "Un cesto de mazás"
O venres 10 de marzo Montse Fajardo presentará o seu libro Un cesto de mazás ás 21.00h na Biblioteca Municipal.
luns, 30 de maio de 2016
mércores, 20 de xaneiro de 2016
Presentación de Seique
Seique é unha xoia literaria, tal como a está demostrar o seu alto nivel de vendas e a boa acollida entre lectores e crítica. De feito, está considerada como unha das mellores publicacións en galego do ano 2015. A súa lectura atrápate desde a súa primeira liña, provoca emoción no lector@, incitando ademais á unha reflexión crítica de certos aspectos históricos.
O dito, unha xoia!
Moitas foron as persoas que se achegaron a coñecer ben preto a autora!
luns, 19 de xaneiro de 2015
Novo ano, novas ilusións
Din que os luns é o peor día da semana pero hoxe para nós é unha xornada moi especial xa que botamos a andar este blog. Que ganas tiñamos!
Agora non hai excusas para que non haxa comunicación entre ti e a túa biblioteca.
Acompáñanos nesta andaina!