martes, 15 de decembro de 2020

Novidades na biblioteca

Presentámosvos as últimas novidades na biblioteca. Seguro que atoparades algunha lectura que sexa do voso agrado. Para iso temos un pouco de todo: cómic, novela, divulgación, etc e por suposto para todas as idades.


O listado completo das novidades podes atopalo aquí:

venres, 11 de decembro de 2020

UN NADAL DIFERENTE NA BIBLIOTECA

Este ano as restriccións e normas a cumprir debido ao COVID-19 fai que o Nadal na biblioteca sexa un pouco diferente. Non contaremos cos obradoiros e contadas que nestas datas organizábamos pero por suposto temos o recuncho navideño á entrada da biblioteca. 

Alí expoñemos unha pequena selección de materiais de temática navideña e o decoramos coas manualidades feitas outros anos pola rapazada así como con fotos de nadais pasados na biblioteca.

martes, 28 de xullo de 2020

Novidades agosto 2020


Rematamos o mes de xullo e queremos poñer á vosa disposición unhas cantas novidades.
Hai un pouco de todo, como en botica. Para grandes e pequenos, ficción e divulgativo...
Achégate á biblioteca e decídete.








O listado completo podes consultalo no seguinte enlace:

xoves, 11 de xuño de 2020

Ampliación de servizos e cambio de horario


Boletín de novidades

Con moito atraso pero van saíndo... Achégate ata a biblioteca e poderás levar en présetamo algunha das obras que poñemos á vosa disposición. Para adultos un pouco de todo, ficción, ensaio...


e por suposto non podíamos olvidar aos máis novos da casa!


Podes ver o listado completo das obras no seguinte enlace:


luns, 1 de xuño de 2020

Apertura do servizo

A biblioteca municipal "P. M. Martínez Ferro" volve a abrir as portas o martes 2 de xuño. Atendendo á normativa e ás peculiaridades do centro haberá certas restriccións que a medida que avance a desescalada irán modificándose. 
Para calquera dúbida poñédevos en contacto no teléfono 986530604 ou no enderezo electrónico biblioteca@caldasdereis.com.
Aquí tedes información máis detallada:



venres, 8 de maio de 2020

A biblioteca afronta o Covid19


O confinamento vaise levantando de maneira gradual e as bibliotecas irán retomando a súa actividade polo que debemos ter en conta unha serie de medidas para facer da biblioteca un espazo seguro para todos. Polo de agora a Biblioteca Municipal de Caldas de Reis  non abrirá ao público xa que se están implantando certas medidas que pensamos son necesarias para garantir a seguridade dos nosos usuarios.
En canto teñamos todo preparado avisarémosvos e volveremos a vernos na túa biblioteca...a biblioteca de todos!

xoves, 16 de abril de 2020

Día do Libro

O 23 de abril, Día do Libro, sempre o celebramos na biblioteca. Sesións de contos, obradoiros, programas de radio...Este ano a biblioteca está pechada, pero non queremos deixar de facelo. Sabemos que a moitos de vós os libros (papel ou dixital)  estanvos facendo máis levadeiros estos días de confinamento. Anímate e faite unha foto con ese libro no teu recuncho preferido da casa para a lectura...e a ser posible que se vexa o título!



luns, 6 de abril de 2020

Caldas de Reis: Los hermanos Salgado e M. Murguía



Luis Mª Salgado Sáenz, estudioso da historia de Caldas de Reis, en concreto da vida dos irmáns Salgado, e amigo da biblioteca, pon a disposición de todos uns cantos artigos publicados en prensa nos últimos anos así como a derradeira versión do seu libro "Caldas de Reis: Los hermanos Salgado y M. Murguía" no blogue http://caldasdereisysalgado.wordpress.com 
As edicións anteriores en formato papel, doazóns do autor, están a disposición dos interesados na biblioteca municipal como parte do seu fondo local. 

xoves, 2 de abril de 2020

Día do libro infantil


Como xa sabedes andamos a encher de contidos o facebook da biblioteca: Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis e queremos facelo participativo, que mellor que con iniciativas como esta que nos recordan que a lectura é unha das mellores formas de pasar o noso tempo de lecer.


mércores, 1 de abril de 2020

Facebook da biblioteca municipal



Onte, por fin, publicamos a páxina oficial de facebook da Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis. Queremos deste xeito abrir unha nova canle de comunicación cos nosos usuarios e esperamos convertilo nun espazo participativo que sexa de utilidade para os veciños e veciñas do pobo. 

2 de abril, Día do Libro Infantil


Este é o cartel do Día Internacional do Libro Infantil (ano 2020) que se celebra cada 2 de abril conmemorando a data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Co cartel, ilustrado por Damijan Stepancic, acompáñase a mensaxe de Peter Svetina "Fame de palabras".


martes, 31 de marzo de 2020

Accede a Galicia Le


A Rede de Bibliotecas de Galicia brinda a posibilidade de darse de alta desde a casa na plataforma de préstamo electrónico "Galicia Le" e así acceder á Biblioteca Dixital da rede.


Unha vez rematada a corentena deberedes achegarvos á biblioteca para obter o carné se queredes continuar co acceso a GaliciaLe.
Se tedes algunha dúbida ou problema podedes poñervos en contacto coa biblioteca no seguinte enderezo: clublecturacaldas@gmail.com.    

Intentaremos axudarvos!

venres, 13 de marzo de 2020

Peche do servizo


A Biblioteca Pública Municipal "P. M. Martínez Ferro" estará pechada os próximos 15 días e as actividades programadas quedan suspendidas debido ás medidas que desde o Concello de Caldas de Reis se tomaron para a prevención da pandemia do  Coronavirus (COVID-19).
Os préstamos pendentes de devolución serán prorrogados tantas veces como sexa preciso. Se algún usuario/a recibe un aviso da plataforma non terá ningunha validez ata que a situación se volva a normalizar.

martes, 3 de marzo de 2020

Club de lectura

O pasado xoves tivemos a reunión do club de lectura e o comentario case foi unánime entre as persoas que estábamos alí:  "La novena hora" non emocionou. A súa lectura non é complicada, os temas plantexados son varios e moi interesantes, os personaxes son bos... pero a maioría non nos identificamos ca historia. Sen embargo, e aquí está a maxia do club, a Jesús, un dos integrantes encantoulle  e aportou unha visión diferente.


O vindeiro libro a ler é Sol de inverno dunha autora xa coñecida no club de lectura, Rosa Aneiros.


martes, 4 de febreiro de 2020

Club de lectura


O xoves pasado reunímonos para falar do libro de Marcos Calveiro "Festina lente". Non era un libro de lectura fácil, empezando polo seu vocabulario que, por momentos, facíase moi complexo.

Destacamos o gran traballo de documentación que fixo o autor e que lle permite retratar con moito detalle a vida en Compostela no século XVII.

É unha novela histórica a través da que coñecemos o mundo do libro naquela época, os costumes nunha cidade como Santiago de Compostela, a presenza e o poder da Igrexa na vida cotiá, etc.

O verbo dos arxinas, máis coñecida como lingua dos canteiros, está moi presente na historia e Ángeles, membro do club de lectura, contounos algunha que outra curiosidade sobre a mesma xa que na súa familia hai persoas con este oficio.

 O próximo libro a comentar no club de lectura é "La novena hora" de Alice McDermott.









venres, 10 de xaneiro de 2020

Club de lectura

A última reunión do club de lectura foi o pasado mes de decembro e como cada ano foi festexada como obrigan as datas, con doces navideños e un pouco de cava!


A lectura de Ladydi, a obra de Jennifer Clement, foi dura debido á temática tratada, a realidade dun grupo de mulleres e nenas nunha zona de montaña dominada polos narcos en Méjico. Violencia, pobreza e machismo plasmados a través da mirada dunha nena o que lle imprime ainda máis dureza  á historia. 
En xeral gustou moito aos membros do club entre outras cousas pola forma de narrar e a visión panorámica que da dunha situación que a veces vislumbramos nas noticias de sucesos que aparecen na prensa. 
O libro do que falaremos na vindeira reunión a finais do mes de xaneiro é:



Primeiro boletín de novidades 2020

Os Reis Magos viñeron cargados este ano cun feixe de novidades. Aquí vos mostramos algunhas delas. Narrativa en galego:


En castelán:


Obras de divulgacíón para xente con intereses diversos...

E para os máis novos da casa un pouco de todo. 
Libros de coñecemento:

E por suposto, moito conto:


 Podes consultar o boletín de novidades completo aquí: