venres, 29 de maio de 2015

CLUB DE LECTURA DO MES DE MAIO






Ademáis de ser un éxito de vendas a novela de Nickolas Butler Canciones de amor a quemarropa, está a recibir moi boas críticas. E onte, na reunión do club de lectura do mes de maio tamén recibiu as nosas, aínda que non todas foron moi positivas.
É unha lectura fácil, cunhas descricións tan visuais que case parece que estás a ler un guión cinematográfico. A historia, o reencontro duns amigos tras varios anos sen verse, está estruturada dunha maneira peculiar que foi un punto moi debatido, xa que houbo case o mesmo número de lectores aos que lles gustou coma aos que non.


Todos coincidimos en que se "deixa ler" pero mentres que para uns a súa lectura foi entretida, para outros "un tostón con aires ñoños e infantís" e houbo a quen lle pareceu unha "vaquerada".
Os tópicos que todos temos na mente da sociedade norteamericana, invaden toda a narración. O lector ten a sensación que as esceas se suceden pero que en realidade, non se conta nada. E a moitos de nós os personaxes parecéronnos planos e descritos con clixés.


Unha vez máis, grazas á controversia e as distintas opinións e gustos, o debate foi moi entretido.  
De feito este é un dos aspectos que máis nos gusta do club!



O vindeiro título que imos ler e último da temporada será Marcas de nacemento da autora canadense Nancy Huston.

UNHA TARDE DE MARIONETAS

Onte, xoves 28 de maio, tivemos unha tarde chea de títeres da man da compañía Viravolta .
A primeira hora tivo lugar un obradoiro de marionetas de papel. Ensináronnos a facer "comecocos". 


Armados con follas de cores, pegamento e tesoiras puxémonos mans á obra.


Parecía un reto difícil máis os rapaces rapidamente se familiarizaron coa técnica e fixeron uns traballos estupendos. Aquí tedes algúns exemplos:

Elora móstranos a súa marioneta!
Inés e o seu comecocos.

Rematamos o día cunha función de marionetas COCER E CANTAR e como podedes comprobar polas fotografías pasámolo moi ben cos contos e as cancións que nos trouxeron.






PERO... QUE FACÍAN DAVID, NOA, DARÍO E AYLA?

 

TODOS MOI ATENTOS... OS MAIORES TAMÉN!

mércores, 27 de maio de 2015

LECTURA, LIBROS, FOTOGRAFÍA

 

Desde a Biblioteca Pública Municipal "P. M. Martínez Ferro" animamos a participar na oitava edición do certame de fotografía "Momentos de lectura" organizado pola Fundación Alonso Quijano. Con esta actividade preténdese reflectir o mundo da lectura en calquera das súas dimensións e seleccionar 13 fotografías que serán publicadas no Calendario da Lectura 2016 da  Fundación.

 ANIMÁDEVOS!!

mércores, 20 de maio de 2015

ESPECTÁCULO DE MARIONETAS




  • XOVES 28 DE MAIO ÁS 19.30h.

  • PARA NENOS A PARTIR DOS 3 ANOS

  • INSCRICIÓN PREVIA NA BIBLIOTECA OU CHAMANDO AO 986530604

     

     

OBRADOIRO DE MARIONETAS



Achégate á biblioteca o xoves 28 de maio ás 17.30h e crea a túa propia marioneta.

O material, papel, tesoiras, pegamento poñémolo nós. 

  

PASARÁS UNHA TARDE DIVERTIDA!

Charla-coloquio sobre África

Viaxe virtual por África

Charla-coloquio 

 

Participa Abdoulaye Bilal Traorè e Begoña Castro.

Para rematar haberá un corcerto de percusión.

Venres 22 de maio ás 20.30h. na Biblioteca Municipal.

Organiza: Asociación Plural.es+=q. 

Colabora: Concello de Caldas de Reis

venres, 15 de maio de 2015

"Os contos de Pablísimo" na Biblioteca

Onte, xoves 14 de maio, tivo lugar unha sesión de contos a cargo de Pablo Sánchez "Os contos de Pablísimo".


Nesta ocasión visitounos coa actividade "Contiario". Uns trinta nenos acompañados dos seus pais e das súas nais participaron de forma activa e gozaron cun feixe de historias: contos que empezaban ao revés, contos con varios fianis, cantares de cego, adiviñas...


HOUBO QUEN ACERTOU UNHA ADIVIÑA BEN, BEN COMPLICADA!
 Que animal, despois de morto, segue dando voltas?
Adiviñada por un neno da catro anos!





A BIBLIOTECA NAS ONDAS: ESPECIAL DÍA DO LIBRO

A partir de hoxe podedes escoitar o programa de radio do 23 de abril "A biblioteca nas ondas: especial Día do Libro" na paxina web do Concello. Prema aquí







martes, 12 de maio de 2015

Coñecendo mellor a Xosé Filgueira Valverde

A Biblioteca Municipal quere achegar a figura do homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, o escritor e polígrafo pontevedrés Xosé Filgueira Valverde.




Recollemos nun pequeno espazo algunha das obras das que é autor así como un dossier con artigos sobre a súa vida e obra. Os usuarios tamén poderán visualizar material audiovisual sobre a súa figura.

xoves, 7 de maio de 2015

CONTACONTOS PARA NENOS




A PARTIR DOS 4 ANOS  

XOVES 14 DE MAIO ÁS 18.00H 

INSCRICIÓN PREVIA NA BIBLIOTECA OU CHAMANDO AO 986530604

 

 

 

 

 

 


martes, 5 de maio de 2015

CHARLA-COLOQUIO: "O papel da muller musulmá no século XXI"


 

  • Venres 8 de maio ás 20.30h.

  • Organiza: Asociación Intercultural Plural.es+=q diferentes

  • Colabora: Concello de Caldas de Reis

Club de lectura

O xoves tivemos unha interesante reunión sobre a nosa última lectura, La nieta del señor Linh. O libro de Philippe Claudel provocou un debate interesante.


A pesar de ser un texto breve, son moitos os temas que trata: o exilio, a guerra, a emigración, a amizade...Destaca a precisión e a riqueza do vocabulario. É unha lectura  moi recomendable, de feito á inmensa maioría de nós nos gustou.


Avisamos que hai tristeza, soedade e dureza entre as súas páxinas pero nós aínda así, botamos unhas risas debido á ambigüidade que suscitou o fina.


O libro foi un éxito de vendas en Francia e xa foi traducido a vinte e cinco idiomas. O seu autor Philippe Claudel, é un recoñecido escritor e conta con destacados premios na súa traxectoria.

sábado, 2 de maio de 2015

Espectáculo de contacontos con Raquel Queizás

O xoves día 30 de abril visitou a Biblioteca Municipal a titiriteira e contadora de historias Raquel Queizás.
QUE BEN O PASAMOS!


Lendas e historias de outras terras...


Obxectos que nos levaban a outras culturas e pobos...


Os rapaces estiveron moi atentos en todo momento. Coma sempre... ¡FANTÁSTICOS!.


Grandes e pequenos participaron de forma activa na sesión de contos.
PARECEN CONTENTOS...NON SI?

ATA OUTRA RAQUEL!