xoves, 16 de xuño de 2016

Sobre nen@s


Contos do chupete





Onte foi un día moi especial. Como ven sendo habitual fai uns anos a Biblioteca Municipal organiza no mes de xuño unha actividade dirixida aos máis pequenos da casa. 







Máis de vinte nenos acompañados dos seus pais gozaron dunha sesión de contos coa agrupación Migallas Teatro  "Contos do chupete".
A sección infantil quedouse pequena para a cantidade de nenos que asistiron...







Cantamos, escoitamos contos, tocamos palmas... A biblioteca encheuse de música e converteuse nun lugar onde grandes e pequenos pasaron unha tarde moi agradable. 


Esperámosvos na biblioteca onde podedes compartir cos vosos pequenos a experiencia da lectura, que nestas idades implica tocar, mirar e escoitar

luns, 13 de xuño de 2016

Conversando cos nosos artistas




Na noitiña do venres pasado, a biblioteca de Caldas de Reis converteuse unha vez maís nun espazo de convivencia e de xuntanza entre a veciñanza. 

 
Catro veciños, dúas pintoras e dous escritores, Mª Luz Rey Cascallar, Marisé Canda Cimadevila, José Tizado e Ana Fariña Potel falaron das súas traxectorias artísticas, dos seus comezos e das dificultades para difundir a súa obra...


 
A actividade levaba o título clarificador de "Conversando cos nosos artistas" e cumpliu cos obxectivos propostos de servir de plataforma para coñecer un pouco máis as aventuras e desventuras dun grupo de veciños con inquedanzas artísticas así como para establecer lazos entre eles. 

 Foi un pracer escoitalos e coñecelos un pouco mellor!!



mércores, 8 de xuño de 2016

Contos do chupete


Os máis pequenos tamén teñen o seu sitio na biblioteca e o mércores 15 de xuño con Migallas Teatro terán a oportunidade de disfrutar dun feixe de contos, cancións e arrolos nunha sesión diseñada para eles onde "se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral".

Anímate e vén co teu pequeno!!!


mércores, 1 de xuño de 2016

Novidades de xuño


Achégate á Biblioteca Municipal e consulta as últimas incorporacións ao fondo. Pode ser que haxa algo que che interese... e senon sempre podes facernos unha petición!

Un feixe de contos con Pablísimo

Onte e para finalizar o mes de maio con moito humor a biblioteca organizou unha contada a cargo de Pablo Sánchez "Pablísimo".


O seu espectáculo Mans combinaba música, títeres e sombras chinesas o que mantivo a atención dos rapaces durante toda a sesión de contos.

 Coma sempre Pablísmo logrou que pasáramos unha tarde moi agradable na biblioteca!