venres, 28 de outubro de 2016

Club de lectura

Onte iniciamos unha nova tempada do club de lectura. Falamos dos libros que nos acompañaron este verán e a continuación demos paso á conversa sobre a obra La rubia de ojos negros


Benjamin Black, o autor, é o seudónimo baixo o que escribe novela negra o escritor irlandés William John Banville. O protagonista é Philip Marlowe, detective privado creado polo escritor de novela negra Raymond Chandler e cuxos herdeiros invitaron a Banville a darlle vida de novo.
Trátase dunha novela negra clásica. É visual e recrea ben os ambientes. Varios coincidimos en definila como moi cinematográfica.
Sen embargo, a maioría dos integrantes do club opinaron que lles resultou un libro aburrido, con exceso de descricións e nalgúns casos inverosímil. 
 
 

O libro que comentaremos o mes de novembro é Non me deixes nunca do autor nipón Kazuo Ishiguro.

martes, 25 de outubro de 2016

24 de outubro, Día da Biblioteca

Desde 1997 e por iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil celébrase o Día da Biblioteca. O obxectivo é concienciar á poboación da importancia que ten a biblioteca como lugar de encontro de lectores e como ferramenta para mellorar a formación e a vida das persoas.
A Biblioteca Municipal de Caldas de Reis tamén quixo participar do día.





Regalamos libros e marcapáxinas.











Pola tarde houbo sesión de contos. Cristina fixo unha breve presentación recordando a todos os presentes, grandes e pequenos, que era o que se celebraba onte na biblioteca.
 E como non podía ser doutra maneira rematamos con contos.  Soledad Felloza fíxonos pasar unha tarde fantástica a grandes e pequenos con historias cargadas de humor que fixeron que as risadas, por un día, se escoitaran en toda a biblioteca.

GRAZAS POLA VISITA!
 

luns, 17 de outubro de 2016

Conversas en inglés


Se queres participar noutra temporada de Conversas en inglés todavía estás a tempo. A primeira reunión terá lugar o sábado 22 de outubro ás 12.00h. Se estás interesado vente canto antes pola biblioteca ou chámanos para inscribirte.

24 de outubro: celebración do Día da Biblioteca