venres, 29 de abril de 2016

Xente miúda, moita fartura!!


Espectáculo de música infantil do programa FALAREDES da Secretaría Xeral de Política Lingüística dirixido a nenos e nenas cunha idade comprendida entre os 0 e os 5 anos.
Ten como finalidade a aprendizaxe de cancións infantís que tratan de reflexar as rutinas dos pequerrechos como gardar os xoguetes, alimentación saudable, parabéns no aniversario, etc.
O creador do traballo, Pablo Díaz, rodéase dos coñecidos músicos Carmen Rey (piano e voz) e Tito Calviño (guitarra acústica), con ritmos e melodías máis cercanas para os máis pequeniños.
A actividade é gratuita e aberta ata completar aforo.

martes, 26 de abril de 2016

Cabaret Infantil Prodixio

O sábado 23 de abril, día do libro, As irmáns Prodixio, reuniron a un grupo de rapaces na biblioteca municipal para presentarlle o seu espectáculo de contos teatralizado.


E tamén houbo lugar para a participación dos adultos...
Un pai moi valente!!

"A biblioteca nas ondas: especial día do libro"

A Biblioteca Pública Municipal "P. M. Martínez Ferro" festexou o día do libro como vén sendo habitual, cun programa de radio en directo desde o centro, que se celebrou o venres 22 de abril.
Este ano enfocamos o programa cara os clubs de lectura que funcionan no pobo. En concreto o club de lectura do CPI Alfonso VII, os clubs de lectura do IES Aquis Celenis e o da propia Biblioteca Municipal.

Pilar Suárez, coordinadora do club de lectura do CPI Alfonso VII, explicounos como o traballan e as actividades que levan a cabo. 

Barka, do CPI Alfonso VII, contou como se enganchou á lectura coa serie After de Anna Todd.
                                                                         
 


Do IES Aquis Celenis, Ana García e Lía Gallas alumnas de 1º da ESO recomendáronnos A miña planta de laranxa lima e Escarlatina, a cociñeira defunta.

 

Enara González e Isabel Sanmiguel, tamén do IES Aquis Celenis, fixeron dúas propostas de lectura. Da escritora Iolanda Zúñiga a obra de microrrelatos Vidas Post-it e do autor Carlos Negro Penúltimas tendencias. Puxéronnos os dentes longos ao falar das múltiples actividades que se organizan, entre elas unha excursión a Coimbra!!



Por suposto non podían faltar participantes do club da Biblioteca Municipal.
Estrella García achegounos á obra de Jesús Carrasco Intemperie.



Teresa Pérez, Tati, tróuxonos unhas verbas de Castelao e conversamos sobre a obra da autora Xinran Xue,  Nacer mujer en China.

Sostiene Pereira de Antonio Tabuchi foi a elección de María Sanmartín.

E rematamos facendo un pouco de historia sobre o club de lectura da Biblioteca Municipal.

GRAZAS A ESTELA E MANUEL DE RADIO CALDAS!
GRAZAS AOS QUE PARTICIPARON NO PROGRAMA E A TODOS AQUELES QUE AXUDARON E O FIXERON POSIBLE!!

martes, 19 de abril de 2016

A biblioteca nas ondas


Fai uns anos que celebramos arredor do Día do Libro, entre outras actividades, un programa de radio en directo desde a Biblioteca Municipal. A xente participa recomendándonos algún título, o profesorado fala sobre os proxectos que sobre o libro e a lectura levan a cabo nos seus centros e entre todos disfrutamos dunha tarde diferente na biblioteca.
Este ano o programa de radio faise o venres 22 de abril a partir das 17.00h. e centrarémonos nos clubs de lectura que funcionan no concello de Caldas de Reis.
Coma sempre agradecemos a Manuel e Estela, da Asociación Radio Caldas, a súa colaboración para levar a cabo este programa.

Achégate ata a Biblioteca Municipal ou escoitanos a través do 107.4!

sábado, 16 de abril de 2016

Cabaret Infantil Prodixio


O 23 de abril, Día do Libro, contaremos coas Irmáns Prodixio e o seu espectáculo "Cabaret infantil prodixio". Queremos celebrar este día  por todo o alto e con moita festa na biblioteca. Anímate!

Coñecendo Brasil

Onte, venres 15 de abril e organizado pola Asociación Plural.es, tivo lugar a presentación "Brasil, bendecido por Dios y bonito por naturaleza" onde Mª Luisa Queiruga facía un percorrido polo país e dábanos algunhas claves para coñecelo un pouco mellor.





Desde a Biblioteca quixemos aportar o noso gran de area e fixemos un pequeno centro de interese con materiais que nos podían axudar a achegarnos a esa inmensa nación do continente americano.

Interesante viaxe!!

Recital poético musical




A Asociación Zona Afectada organizou o pasado xoves 14 de abril un recital poético musical  a cargo de Isaac Xubín co poemario de Joseba Sarrionandia, Tempo de exilio.
Un pracer albergar unha actividade tan evocadora e amena...
Parabéns!

venres, 15 de abril de 2016

Xigantes e lanzas

O mércores tivemos unha tarde do máis entretida. Un grupo de rapaces entre os 5 e os 11 anos achegáronse á figura de Miguel de Cervantes e da súa novela "Don Quijote de la Mancha" obra mestra da literatura universal.





Primeiro elaboramos unha breve adaptación da obra para logo contárllela aos rapaces que riron coas peripecias do fidalgo manchego.


Fixemos marcapáxinas e nos familiarizamos con Don Quixote, Sancho, Dulcinea...


E por último recreamos algunha das pasaxes máis famosas da  obra e decoramos o espazo infantil.

UNHA TARDE REDONDA!

sábado, 9 de abril de 2016

Club de lectura

Na reunión do club de lectura, o pasado xoves 31 de marzo, houbo un intenso debate en torno a última lectura, Onde houbo lume da autora lucense Marica Campos.
As impresións foron moi diferentes, uns sentiron fascinación e outros só desilusión, de tal xeito que a conversa xirou en torno á súa defensa ou crítica. De aí que o coloquio fose tan visceral e divertido.


A lectura de Onde houbo lume é doada tanto pola linguaxe como pola estruturación do texto. Cun fío condutor, a relación entre unha moza e desorientada xornalista e un vello peculiar, a obra mostra as historias de diversas mulleres con puntos en común: a soidade, o desamor, as presións sociais e familiares...





Que nos deparará o seguinte libro? O xoves 28 de abril ímolo descubrir xa que falaremos de Rosa candida de Audur Ava Ólafsdóttir. Dunha autora de Lugo pasamos a outra de Islandia...Quen dixo medo?

mércores, 6 de abril de 2016

Xigantes e lanzas: obradoiro de manualidades


Con este obradoiro queremos achegar aos máis pequenos a figura de Cervantes e a súa obra por excelencia. Elaboraremos marcapáxinas, daremos forma a algún dos pasaxes máis coñecidos da obra...Pásate canto antes pola biblioteca e inscríbete!
As cores e as tesoiras poñémolas nós!

martes, 5 de abril de 2016

Novidades de abril


O mes de abril na biblioteca enchémolo con numerosas actividades e un feixe de novidades moi diversas.
Clásicos americanos, divulgación científica, premios de narrativa tanto infantil como de adultos, documentais premiados, cómic...
Bótalle un vistazo ao listado completo!!

luns, 4 de abril de 2016

O meu pesadelo favorito



 A ilustradora María Lires  despertou a nosa fantasía e axudounos o pasado sábado, día do libro infantil e xuvenil, a facer máscaras monstruosas coas que pasamos unha entretida mañá.





Elora e Naia sorrindo á camara e a piques de rematar os seus traballos.




 Esta foi a máscara que deixou María de recordo na Biblioteca. A actividade encadrada dentro do programa Ler conta moito da inicio a dous meses cheos de actividades na Biblioteca Municipal.