martes, 5 de decembro de 2017

Horario

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL PECHARÁ OS DÍAS MÉRCORES 6, VENRES 8 E SÁBADO 9 DE DECEMBRO.

luns, 4 de decembro de 2017

Club de lectura

O frío non foi impendimento para ter unha agradable reunión do noso club de lectura, en torno ao libro La caída de los cuerpos de Maurice Druon. É o segundo título dunha triloxía que inaugurou con Las grandes familias pola que recibiu o premio Goncourt en 1948.





O fundimento de dúas grandes familias, por un lado os representantes da aristocracia, o clan de La Monnerie e por outro, o dos grandes burgueses, os Schoudler é o centro da novela. Pero cando uns caen, outros suben, e os que queren alcanzar a cima do poder van a facelo a costa de calquera cousa... 







 É, sen dúbida,  un retrato da sociedade francesa de entreguerras, coa peculiaridade desoladora de que a todos nos pareceu moi verosímil e cercano. Todas as épocas de crises se parecen?
Maurice Druon demostra o seu dominio da linguaxe ao realizar un relato moi visual e descritivo de xeito que facilmente imaxinabas as escenas. O pesimismo sobre a natureza humana está moi presente na novela xa que en case todos os personaxes prevalece o seu lado máis escuro.
Os membros do club de lectura souberon recoñecer a habilidade novelística do autor e alabaron as súas proezas estilísticas mais o tema político e o número elevado de personaxes fixo que para algunhas persoas a lectura fose entre pasable e entretida. Para outras, en cambio, o libro deixonas marabilladas.
O misterio das lecturas compartidas!
Para a seguinte reunión, a conversación xirará en torno a Marcela Serrano e a súa famosa novela Nosotras que nos queremos tanto.



venres, 24 de novembro de 2017

Os ratiños da caixa

Hoxe estiveron os ratiños de Lonxedetoodo en Caldas de Reis da man de TrinkeTrinke Teatro. Un grupo de trinta e catro nenos e nenas acompañados dos seus pais achegáronse ata a biblioteca para este contacontos teatral...que ben o pasamos cos contos que trouxeron!

                                                        Houbo música e palmas!






  
Os ratiños eran un pouco trastes pero moi divertidos.



Todos e todas moi atentos ás historias que nos contaron ...







Precisou un voluntario...












                  Menudo vento facía...todos a soprar!


Ata outra ratiños! Grazas por vir!

mércores, 22 de novembro de 2017

Caldas, en negro

A Biblioteca Pública Municipal "P. M. Martínez Ferro" puxo o seu gran de area na campaña na que participa o Concello de Caldas de Reis co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, "En negro, contra as violencias".




venres, 17 de novembro de 2017

Os ratiños da caixa


Parte da familia de ratos de Lonxedetodo volven a visitar Caldas de Reis e como son tan afeccionados ás bibliotecas farán unha paradiña aquí, na Biblioteca Pública Municipal "P. M. Martínez Ferro".
Xa estás tardando...prazas limitadas!


xoves, 9 de novembro de 2017

Canciones para no escuchar y otros

Este verán Ernesto Diéguez Casal, veciño de Caldas de Reis, presentou a súa primeira novela "Canciones para no escuchar". Escolleu para facelo a biblioteca municipal e estivo acompañado do editor Carlos Tosca Marín de "La Pajarita Roja Editores" que agasallou ó centro cun lote de obras moi atractivas:
  • Ineludibles. N INE
  • La isla de las Culebras. Miguel Torija Martí. N TOR isl
  • Intransferibles. N INT
  • El inexplicable poder de la novena planta. María José Clemente Madrid. N CLE ine
  • Guía de hoteles inventados. Óscar Sipán. N SIP gui
Moitas grazas!

xoves, 2 de novembro de 2017

Novidades de novembro

Para os máis grandes, narrativa, poesía e divulgación.



Os pequenos e o mundo que os rodea...


Ficción infantil e xuvenil !


...e temporadas completas de tres series magníficas: The Wire, Breaking Bad e Los Soprano.



Para ver a lista completa de novidades pica no seguinte enlace:

venres, 27 de outubro de 2017

Club de lectura

O club de lectura xa está de volta!
Empezamos falando dos libros que nos acompañaron durante o verán. Olalla recomendou Tierra de Campos de David Trueba e de Alejandro Palomas, Una madre. Pili comentou o moito que lle gustou Tenemos que hablar de Kevin de Lionel Shriver e Chus apuntou Todo esto te daré de Dolores Redondo.



Iniciamos esta nova tempada co título La amiga estupenda de Elena Ferrante. Esta obra é a primeira dunha tetraloxia que tivo un gran éxito e do que na biblioteca somos testigos xa que a demanda era continua. Como vén sendo habitual houbo disparidade de opinións. Algúns dos integrantes do grupo comentaron que a relación de amistad entre as nenas non era creíble, así como o personaxe de Lila, que parecía demasiado extremo. Destacouse a violencia que se respira na historia tanto na familia como na escola ou nas rúas.


O libro deixa un final aberto, con moitos fíos por atar sen embargo non todos mostraron interés por seguir coa saga.Outro dos temas que dou xogo foi o da autoría. Elena Ferrante é un seudónimo e polo tanto descoñécese realmente quen está detrás. Algúns tiñán moi claro que a escrita era a dun home pero... quen sabe?





A seguinte reunión terá lugar o 30 de novembro e o título do libro que comentaremos é La caída de los cuerpos de Maurice Druon.



mércores, 25 de outubro de 2017

Tirando do fío na biblioteca


Onte, 24 de outubro Día da Biblioteca, un grupo de nenos e nenas disfrutaron coa sesión de contos de Fátima Villamel.










Tirando do fío enredáronse contos que nos levaron a outros mundos, coñecemos a personaxes peculiares e vivimos situacións moi divertidas.


Unha hora chea de pequenas e grandes historias, moitos sorrisos de grandes e pequenos e fíos para todos para poder seguir contando na casa.


Grazas rapaces pola vosa participación!

mércores, 18 de outubro de 2017

Día da biblioteca


Participa neste certame organizado polo Observatorio de la Lectura y el Libro. Envía unha foto tomada nalgunha biblioteca, no exterior ou dentro do edificio. A fotografía debéra acompañarse dunha mensaxe onde apareza o nome da biblioteca, a localidade onde se atopa e o hashtag #EstoyenlaBiblio. Anímate!

Tirando do fío: contos para todos e todas


O martes 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca e como sempre queremos festexalo. Este ano contamos cunha sesión de contos a cargo de Fátima Villamel e a nosa pretensión é que pequenos e grandes pasen unha tarde estupenda na biblioteca municipal, a biblioteca de todos.

mércores, 11 de outubro de 2017

Tardes de medo na biblioteca


Durante tres venres consecutivos do mes de outubro vanse visionar tres películas de medo na biblioteca. Esta actividade organizada polo Cine Clube Itinerante Autoxestionado está moi ligada ás vindeiras datas do Samaín e estará apoiada por unha pequena mostra de libros e películas de terror que temos na biblioteca. Animámosvos a participar!

sábado, 30 de setembro de 2017

Obradoiro creativo de cine


A Lanterna máxica é un cóctel entre literatura, teatro e cine. Os participantes serán os verdadeiros protagonistas dunha actividade breve pero intensa. Prazas limitadas!

martes, 26 de setembro de 2017

Construíndo o noso libro ilustrado

Os rapaces de Caldas demostraron a súa creatividade guiados pola ilustradora Minia Regos de Gargallando. 

 

O obradoiro está encadrado no programa Ler conta moito. Entre os seus dedos e a súa imaxinación crearon golfiños con todas as cores do arco da vella, bruxas arrepiantes, baleas xigantes, paisaxes de costa... tal vez recordo dos recentes días de praia? Vimos montañas xigantescas e interiores asombrosos. 
































 

Entre as dúas sesións, celebradas os sábados 16 e 23 de setembro, lograron levar para a súa casa o seu propio conto ilustrado que seguro lle será de inspiración para vindeiras obras de arte.



Parece que o pasaron ben. Ata outra rapaces!

luns, 11 de setembro de 2017

Construíndo o noso libro ilustrado


Rematamos cos traballos de mantemento e lavado de cara da biblioteca e que mellor que comezar cun obradoiro onde realizaremos o noso propio libro ilustrado experimentando con varias técnicas de ilustración.
Será divertido!

luns, 14 de agosto de 2017

A biblioteca pecha por reformas


 A partir do 17 de agosto a Biblioteca Pública Municipal pechará o servizo de atención ao público para facer tarefas de mantemento e mellora das súas instalacións (pintado e limpeza). Intentaremos abrir o antes posible. Para calquera dúbida poñédevos en contacto con nós ben a través do teléfono (986530604) ou no seguinte enderezo electrónico biblioteca@caldasdereis.com

Desculpade as molestias.

xoves, 13 de xullo de 2017

Presentación de Canciones para no escuchar

    A organización de actividades nunha biblioteca pública municipal, aporta unha pincelada extra de emoción e desacougo, especialmente cando a data acordada é un venres caluroso de verán, á hora de tomar viños. Esta reflexión xorde tras a presentación do libro Canciones para no escuchar de Ernesto Diéguez Casal, editado por La pajarita roja. 
Sempre se intenta que os actos saian ben pero esta foi unha experiencia fantástica.
 

A súa foi unha das que non se olvidarán, repleta de xente e de emoción, e na que houbo moitas risas e manifestacións de cariño. O espazo encheuse con rapidez polo case medio centenar de persoas que acudiron, dende bebés a xubilados pasando por rapaces, adolescentes, compañeiros, amizades, veciños e familia do autor. E non era para menos, todos querían apoiar e acompañar a Ernesto Diéguez Casal, na presentación en sociedade da súa recén nacida criatura literaria, Canciones para no escuchar.


   Ernesto é un mozo caldense quen coma moitos outros, tras formarse de xeito extraordinario en España, decide desenvolver a súa actividade fóra, na procura de mellores condicións. Neste caso, Ernesto decidiuse por Islandia, onde na acutalidade traballa como biólogo. 
Nunca deixou de escribir, afición que desenvolve desde a adolescencia e na que ten un papel determinante a súa nai, quen escoitou orgullosa esta afirmación da boca do seu fillo e a quen está adicado o libro.



   Canciones para no escuchar xira en torno ao desencanto dunha xeración sobre a que residían moitas espectativas e esperanzas que acabaron por converterse nunha lousa pesada nos seus ombros. E así se lles presenta unha realidade, ás veces hostil, na que se acaban instalando e usando os recursos máis diversos, tal como lle suceden aos protagonistas da novela. 
O punto de arranque é unha despedida de solteiro, a do primeiro amigo da pandilla que casa. Un festexo case banal que serve de fío condutor para a presentación de personaxes resignados, sen esperanza, coa tristura e resignación de deixar de lado os seus soños, grises e sombríos coma as súas vidas.




O desencanto vital convive con certas notas de humor, o pesimismo dalle a man a aventuras trepidantes. 

Estamos ante unha novela de aprendizaxe, diante dunha viaxe iniciática, cara unha vida con sentido. 




Pero...cal é o sentido da vida? 
Esa pregunta que nunca vén soa, fai que a novela sexa atemporal e otórgalle rasgos universais, xa que todo aquel que sufriu de desarraigo vital vaise sentir identificado na novela. 
 
 Está escrita nun estilo conciso, sinxelo e áxil con moitas referencias literiarias, musicais e cinematográficas. O deseño da estrutura narrativa é moi acertado. Por todo iso, o resultado final é unha novela redonda cuxa lectura non deixará indiferente a ninguén. 


   O editor Carlos Tosca,  aportou moitos detalles curiosos á tertulia e animou a rolda de preguntas que resultou moi interesante. Deste xeito enterámonos do periplo para decidir o título. O actual fai  referencia a todas aqueles cancións que son importantes na nosa vida, aquelas que encollen o corazón pero aínda así, queremos seguir escoitándoas.


Moita cola houbo para que o autor firmase exemplares!




 A coidada edición a cargo de La pajarita roja, destaca polo deseño fresco e atractivo; nótase o mimo do seu traballo.

 

Desde a biblioteca animámosvos, con orgullo e ímpetu, a ler a última novela publicada dun dos nosos usuarios máis queridos. 

Canciones para no escuchar de Ernesto Diéguez Casal pertence aos fondos da biblio e e podedes levala en préstamo.