venres, 30 de xaneiro de 2015

Ilústrate na biblioteca!



A sección Cómics para adultos da biblioteca, onde vos esperan 200 títulos de estilos e temática diversa: manga, erótico, crítica social, superheroes, aventuras, historia... quere lembrarvos que hoxe, día 30 de xaneiro é o día da ilustración coincidindo co aniversario do nacemento de Castelao.


Na biblioteca tamén podedes atopar os cómics de sempre: Tintín, Astérix…

martes, 20 de xaneiro de 2015

Recicla e tapiza coa biblioteca

Estás pensando en tapizar aquel sofá tan bo pero un pouco pasado de moda?
Queres modernizar aquela cómoda que leva anos durmindo no faiado?
Tal vez o que precisas e darlle un toque persoal á túa casa sen facer un gran gasto.

A biblioteca pode axudarte. Achégate e bota unha ollada ao material sobre bricolaxe e decoración co que contamos.

As últimas adquisicións sobre o tema:

        
                            




Libros fáciles e moi didácticos con fotografías a toda cor. Xa estás tardando!


luns, 19 de xaneiro de 2015

Novo ano, novas ilusións


Din que os luns é o peor día da semana pero hoxe para nós é unha xornada moi especial xa que botamos a andar este blog. Que ganas tiñamos!
Agora non hai excusas para que non haxa comunicación entre ti e a túa biblioteca.
Acompáñanos nesta andaina!