martes, 24 de maio de 2016

Volve Pablísimo á biblioteca con "Mans"


Esta actividade está dirixida para rapaces a partir de 5º de Infantil. Pablísimo, coma sempre, seguro que nos sorprenderá unha vez máis...ANIMÁDEVOS!!

Anxos Sumai participa no club de lectura

A última lectura realizada no club de lectura da biblioteca foi A lúa da colleita de Anxos Sumai.


A autora case veciña, xa que é de Catoira, tivo a amabilidade e xenerosidade de visitarnos e conversar con nós. O coloquio transcurriu nun ambiente distendido e ameno. Anxos respondeu a todas as nosas preguntas, participou no coloquio que abarcou tamén outra novela dela, lida no club fai xa dúas tempadas, Así nacen as baleas e que nos deixara un bo recordo.

Por todo iso houbo momentos no que a conversación derivou cara o seu método de traballo a hora de escribir, de organizar os temas e estruturar a narración. Das dificultades de autocorrección, de elexir un título, da presenza das referencias musicais, ou do seu estilo de prosa tan poética que a desvela coma una lectora ávida de poesía. 
Unha lectura moi recomendable! Grazas Anxos!

luns, 16 de maio de 2016

A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna

O venres ás 18.00h, entre rimas e risas a compañía Lucecús Teatro acadou o obxectivo de achegarnos a figura do poeta Manuel María dun xeito lúdico, divertido e moi pedagóxico. Todos rimos con este espectáculo, cofinanciado entre o concello e o programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia, titulado "A verdadeira histoira do poeta Manuel de Paderna".



Esta actividade enmárcase dentro das actividades organizadas desde a Biblioteca Municipal ao redor da festividade das Letras Galegas. Desde hai unhas semanas, nas súas instalacións presentamos unha pequena exposición da vida e obra do autor homenaxeado este ano e ademais agasallamos aos usuarios que utilizan o servizo de empréstito cuns marcapáxinas que lembran a súa persoa e obra poética xa que están decorados con diversos poemas de Manuel María. 
Un xeito sinxelo e eficaz de ter presente os versos de Manuel María durante máis tempo!

venres, 13 de maio de 2016


Animámosvos a todos a vir a vindeira semana e escoitar a presentación da obra "Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez" de  Carlos Callón.
A Asociación Zona Afectada, coma sempre, sorpréndenos organizando unhas moi boas actividades .


venres, 6 de maio de 2016

A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna

Este ano o Día das Letras Galegas  homenaxease a Manuel María e desde a Biblioteca Municipal queremos achegar a súa figura aos máis pequenos polo que vos invitamos a participar do espectáculo teatral da compañía Lucecús Teatro.
ESPERÁMOSTE!!

xoves, 5 de maio de 2016

Conferencia sobre Manuel María


Este ano o Día das Letras Galegas adícaselle ao escritor Manuel María. A Asociación Zona Afectada organizou unha conferencia  onde coñeceremos un pouco mellor ao homenaxeado.

luns, 2 de maio de 2016

Novidades de maio

Hai un pouco de todo, como en botica: narrativa, ensaio, libros de imaxes para os máis novos, documentais, material en outros idiomas, etc
 
Para ver o listado completo das novidades vai ao seguinte enlace: