luns, 16 de maio de 2016

A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna

O venres ás 18.00h, entre rimas e risas a compañía Lucecús Teatro acadou o obxectivo de achegarnos a figura do poeta Manuel María dun xeito lúdico, divertido e moi pedagóxico. Todos rimos con este espectáculo, cofinanciado entre o concello e o programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia, titulado "A verdadeira histoira do poeta Manuel de Paderna".



Esta actividade enmárcase dentro das actividades organizadas desde a Biblioteca Municipal ao redor da festividade das Letras Galegas. Desde hai unhas semanas, nas súas instalacións presentamos unha pequena exposición da vida e obra do autor homenaxeado este ano e ademais agasallamos aos usuarios que utilizan o servizo de empréstito cuns marcapáxinas que lembran a súa persoa e obra poética xa que están decorados con diversos poemas de Manuel María. 
Un xeito sinxelo e eficaz de ter presente os versos de Manuel María durante máis tempo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario