xoves, 19 de outubro de 2023

24 de outubro, Día da Biblioteca

 


Outono na biblioteca

 Estos últimos días a biblioteca encheuse de xente grazas ás actividades que se levaron a cabo. O venres 13 de outubro tivemos unha sesión de contos e un pequeno obradoiro do que gozaron un grupo de nenos e nenas acompañados dos seus pais.

Por outra banda esta semana viñeron a visitar a biblioteca os rapaces de 1º e 2º da ESO do IES Aquis Celenis. Con esta  actividade, "Coñece a túa biblioteca", pretendemos achegar os servizos ao alumnado dos centros educativos do Concello de Caldas de Reis para que poidan aproveitar ao máximo os recursos que teñen ao seu alcance.

Para a vindeira semana teremos máis visitas na biblioteca, o club de lectura e por suposto o martes 24 de outubro a celebración do Día da Biblioteca cunha sesión de contos para nenos e nenas.

luns, 2 de outubro de 2023

Presentación do libro "Lauviah. De ángeles y moscas"

 Un bo amigo da biblioteca presenta o seu último libro na Biblioteca de Caldas de Reis. É un pracer contar con José Romero para que nos fale do seu poemario titulado Lauviah. De ángeles y moscas. A presentación terá lugar o venres 6 de outubro ás 20.30h.



 

Outono cultural


 O outono ven cargadiño de actividades. A biblioteca tamén está presente neste calendario cunha presentación dun libro, sesións de contos e obradoiros.

Seguro que atopas algunha que se adapte aos teus gustos!

Club de lectura: nova tempada 2023-24

 


Iniciamos este "curso" con moitas ganas, xente nova e novo calendario. Voltamos a reunirnos nun único grupo o último xoves de cada mes. A obra que comentaremos a finais de outubro é El vagón de las mujeres de Anita Nair.