martes, 31 de marzo de 2020

Accede a Galicia Le


A Rede de Bibliotecas de Galicia brinda a posibilidade de darse de alta desde a casa na plataforma de préstamo electrónico "Galicia Le" e así acceder á Biblioteca Dixital da rede.


Unha vez rematada a corentena deberedes achegarvos á biblioteca para obter o carné se queredes continuar co acceso a GaliciaLe.
Se tedes algunha dúbida ou problema podedes poñervos en contacto coa biblioteca no seguinte enderezo: clublecturacaldas@gmail.com.    

Intentaremos axudarvos!

venres, 13 de marzo de 2020

Peche do servizo


A Biblioteca Pública Municipal "P. M. Martínez Ferro" estará pechada os próximos 15 días e as actividades programadas quedan suspendidas debido ás medidas que desde o Concello de Caldas de Reis se tomaron para a prevención da pandemia do  Coronavirus (COVID-19).
Os préstamos pendentes de devolución serán prorrogados tantas veces como sexa preciso. Se algún usuario/a recibe un aviso da plataforma non terá ningunha validez ata que a situación se volva a normalizar.

martes, 3 de marzo de 2020

Club de lectura

O pasado xoves tivemos a reunión do club de lectura e o comentario case foi unánime entre as persoas que estábamos alí:  "La novena hora" non emocionou. A súa lectura non é complicada, os temas plantexados son varios e moi interesantes, os personaxes son bos... pero a maioría non nos identificamos ca historia. Sen embargo, e aquí está a maxia do club, a Jesús, un dos integrantes encantoulle  e aportou unha visión diferente.


O vindeiro libro a ler é Sol de inverno dunha autora xa coñecida no club de lectura, Rosa Aneiros.