venres, 31 de marzo de 2017

Novidades de abril


Se queres consultar o boletín de novidades ao completo prema aquí:

Club de lectura de marzo

Onte tivemos a reunión do club de lectura e o certo é que o libro "La ciudad y los perros" de Mario Vargas Llosa  xerou debate. 

Anabel facendo a súa valoración da obra















Houbo unanimidade sobre a dificultade para a súa lectura. Unha linguaxe con moitos localismos e unha estrutura que podía despistar foron as principais obxeccións que se lle puxeron á obra. Desde logo non é un libro que se poida ler aos poucos, haille que dedicar tempo e poñer os cinco sentidos na súa lectura. 






O próximo libro que imos ler no club de lectura é  "Los peces no cierran los ojos" do autor italiano Erri De Luca.


luns, 27 de marzo de 2017

Obradoiro de sombras chinescas


Presentación de libro: Aprender a comer solo



Que morro! con Caxoto





O venres tivo lugar unha sesión de contos para adultos. Foi unha hora que nos pasou voando...



Historias de medo que despertaron sorrisos,  historias da nosa tradición oral...
                                                               Música e cantigas...




Ata se dou unha clase particular de bailes de salón...
Unha contada moi completa!

luns, 20 de marzo de 2017

Que morro!: Sesión de contos para adultos


Hoxe é o Día da Narración Oral. Atendendo a este último queremos reivindicar desde a Biblioteca  a importancia de contar e escoitar historias todos, grandes e pequenos.
Por isto o venres 24 de marzo ás 21.00h terá lugar unha actividade de narración oral para adultos na biblioteca titulada Que morro! da man de Felipe Díaz máis coñecido como Caxoto.
Será un espectáculo para pasar medo e morrer de risa, para sentir en carne propia as emocións que sempre estiveron nos contos da lareira, historias dos nosos devanceiros que serán as protagonistas ao longo de 60 minutos que pasarán como un suspiro. Entrada libre e gratuita.
Esperámosvos!

sábado, 18 de marzo de 2017

Revolto de contos para nenas e nenos

Que mellor que un feixe de contos e un obradoiro para unha mañá de sábado?


Princesas que non comen perdices, vendedoras de sombreiros, elefantas que non queren ser rosas...


Ángela e Moisés presentáronse voluntarios para caracterizarse de Miss Marple e Hércules Poirot...uns valentes!


Os rapaces traballaron moito facendo marionetas de pau coas que contar o conto Rosa Caramelo nas súas casas...e as nais e pais tamén!!

Pasámolo moi ben!
Ata outra rapaces!

sábado, 11 de marzo de 2017

Un cesto de mazás

Onte tivemos o pracer de contar con Montse Fajardo que veu a falar da súa segunda obra Un cesto de mazás: memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu. Historias de mulleres e homes que non debemos esquecer.

Grazas Montse polo visita!

Revolto de contos para nenas e nenos


sábado, 4 de marzo de 2017

Coñece a túa biblioteca

O xoves e venres pasados visitaron a biblioteca rapaces do CPR San Fermín, en concreto de 5º e 6º de Primaria.
Estas visitas forman parte da actividade de animación á lectura e formación de usuarios Coñece a túa biblioteca dirixida a todos os centros de infantil e primaria do concello de Caldas de Reis, así como ao alumnado de 1º da ESO e 1º de Bacharelato.

Cos rapaces de 5º curso xogamos ao "TriviBiblioteca"



Cos nenos de 6º fixemos de detectives co xogo "Libros despistados"

Moitas grazas a todos os nen@s e ós seus profesores! 
Espero que o pasarades tan ben coma nós!

venres, 3 de marzo de 2017

Presentación do libro "Un cesto de mazás"


O venres 10 de marzo Montse Fajardo presentará o seu libro Un cesto de mazás ás 21.00h na Biblioteca Municipal.
Esperámosvos!