luns, 24 de setembro de 2018

Inicio de clase

 

A semana pasada a Biblioteca Municipal participou na benvida aos alumnos de 1º e 2º da ESO do IES Aquis Celenis.


Como todos os anos o IES dá o pistoletazo de saída do curso cunha serie de actividades para os rapaces e este ano pensaron que unha contada sería o máis axeitado.
Cristina foi a encargada de facelo e cunha maleta chea de libros, un feixe de contos, uns máis tradicionais que outros, e anécdotas varias, animou aos rapaces a mergullarse nas historias 


Damos as grazas a Pedro e demais profesorado do IES Aquis Celenis por pensar que escoitar e gozar cos contos é unha boa maneira de empezar o curso escolar.
Bo curso a todos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario