martes, 8 de novembro de 2016

Doazón de arte

A revista Románico: revista de arte de amigos del romániCO entrou na biblioteca grazas a unha doazón do seu director, Augusto Guedes de Castro, que estivo vinculado a Caldas a través do IES Aquis Celenis, centro onde foi profesor durante varios anos. 
É unha das poucas publicacións de arte editada en Europa sobre este estilo polo que pode ser de interese para estudantes e curiosos da materia.

Moitas grazas!!!

2 comentarios:

  1. Parabéns por todas as interesantes actividades da biblioteca caldense, moitas horas da miña infancia pasei nela coa maxia das verbas. Eu frecuentaba esa biblioteca alá polos anos 1967, 1968 e 1969, cando se atopaba nun dos baixos da Casa do Concello. Un amigo que frecuentaba a biblioteca comigo era o profesor e tantas outras cousas, José Antonio Búa Barreira. Noraboa e moitos éxitos. (Xermán M. Torres).

    ResponderEliminar
  2. Biblioteca de Caldas de Reis10:26 do 15 de novembro de 2016

    Moitas grazas polas súas verbas. Son reconfortantes e anímannos a seguir co noso traballo. Un saúdo

    ResponderEliminar