martes, 22 de maio de 2018

Venres de conto: O cataventos e outras historias de Vilaxeada



Érase unha vez, unha vila chamada Vilaxeada onde vivía unha velliña moi velliña a quen o sol lle acariciaba as súa engurras todas as mañás…


Deste xeito dou comenzo a actividade organizada pola biblioteca de Caldas de Reis para aportar o seu gran de area ás celebracións polo día das Letras Galegas. Non hai mellor maneira que agasallar cuns contos de Mª Victoria Moreno.


A sesión de contos levaba como título O catavento e outras historias de Vilaxeada e desenvolveuno a narradora oral, escritora e poeta Charo Pita que se achegou toda feliz á vila de Caldas tras gañar o premio Manuel Murguía de narración breve.


Entre contos da homenaxeada este ano polo día das letras, e unhas cancións que fixo a ledicia de todos os asistentes, pasou a tarde do venres marabillosamente para os trinta rapaces que asistiron e os maiores que se quedaron a gozar dunha actividade familiar de lecer.


A actividade está cofinanciada entre o Concello de Caldas de Reis e o programa Ler conta moito da Consellería de Cultura. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario