Onte, venres 11 de xaneiro, foi o "Día do usuario das
bibliotecas" e na Biblioteca de Caldas de Reis celebrámolo da mellor maneira que sabemos: con contos e un obradoiro.
Unha veintena de nenos e nenas entre os catro e os nove anos acompañados dos seus pais
pasárono en grande coa actividade Contos espectaculares.
Cristina sorprendeu a grandes e pequenos cun feixe de historias fascinantes e
libros ben curiosos.
Posteriormente os rapaces, coa axuda dos maiores, fixeron uns divertidos marcapáxinas.
![]() |
Azayla ensina o seu traballo |
![]() |
Lucía mostra o seu marcapáxinas |
Lorenzo fixo un ciclope!
As rapazas maiores sorprenderon cuns marcapáxinas de unicornios...semella que o pasaron ben!
![]() | ||
E PARA REMATAR DESCUBRIMOS MÁIS CONTOS ESPECTACULARES. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario