venres, 21 de decembro de 2018

Club de lectura


Como se fosemos rapaces en idade escolar, as persoas que formamos o club de lectura da biblioteca de Caldas de Reis, tamén facemos unha sesión especial antes das festas. Variamos a data do encontro que se adianta unha semana, xoves 20 de decembro, e poñemos na mesa, ao lado dos libros, doces navideños.
E así, entre polvoróns e bombóns imos comentando a lectura da obra ¿Por qué ser feliz cuando puedes ser normal? da autora inglesa Jeanette Winterson.

 
Provocou un debate intenso, establecéndose dúas posturas opostas. A quen lle gustou o fixo de tal modo que mercaría o libro para unha segunda lectura.
E o lado deste sentir estaba o de quen lle pareceu insoportable e pretencioso.
É unha novela con grandes saltos temporais e plagada de referencias literarias. A autora conta a súa vida desde a infancia cunha familia adoptiva e unha nai absorbente, manipuladora e fanática relixiosa. É unha historia diferente contada de xeito diferente. Apta só para algúns!?

 



O vindeiro título que imos ler no club é Benquerida catástrofe de Teresa Moure.

Ningún comentario:

Publicar un comentario