venres, 30 de novembro de 2018

Club de lectura

Onte, xoves 29 de novembro, na reunión do club de lectura, recoñecemos que grazas a este libro de María Solar, Os nenos da varíola, descubrimos unha gran fazaña científica . O doutor Balmis da corte real de Carlos IV e outros médicos foron os responsables de levar a vacina da varíola dende España ata América usando a cadea de brazo en brazo. Eses brazos foron en realidade, braciños de nenos de entre 3 e 9 anos. Nenos orfos recollidos nos orfanantos de Madrid, Santiago e A Coruña.
A expidición saiu de A Coruña e levou tamén á directora da casa de expósitos desa cidade, Isabel Zendal Gómez, en calidade de enfermeira.


O libro gustounos aínda que había quen consideraba que os protagonistas eran planos e con pouca profundidade psicolóxica. Coincidimos que se trata dunha lectura destinada ao público adolescente pero iso non debería xustificar a sensación de ser unha historia narrada de xeito "light", termo usado por algúns dos membros do club.

Debatimos sobre a cuestión ética e moral de usar a nenos orfos para ese fin. E tamén nos percatamos de que un fito histórico tan importante é pouco coñecido, incluso aquí en Galicia, de onde eran moitos dos seus protagonistas.
  
A lectura invita a realizar búsquedas para ampliar coñecementos. Hai un exemplar do libro na biblioteca, anímate a levalo en préstamo!


O próximo club de lectura terá lugar o 20 de decembro e o libro do que falaremos será:
¿Por qué ser feliz cuando puedes ser normal? de Jeannette Winterson.


Ningún comentario:

Publicar un comentario