mércores, 31 de xaneiro de 2018

Club de lectura

O xoves 25 de xaneiro tivemos a primeira reunión do club de lectura deste ano 2018 e o debate non puido ser máis enriquecedor. A novela da sueca Linda Olsson, Astrid y Veronika, non deixou a ninguén indeferente.




As opinións eran moi diferentes, viscerais pero equilibradas. Aproximadamente a metade dos membros do club, gustoulles moitísimo esta historia de amizade entre dúas mulleres, a priori, sen nada en común. Apreciaron o estilo conciso e o vocabulario preciso, así como a sintonía entre os elementos naturais e o estado anímico dos personaxes.
Para outras persoas do club, esa relación de amizade tinguida de tristeza restaba verosimilitude ao texto o que fixo que non sen sentiran identificadas e polo tanto, que a historia non lles chegara a conmover.

 


Cada quen defendeu a súa opinión con entusiasmo, provocando unha das conversas máis dinámicas que se recorda. Así dá gusto emprezar o ano do club!












E seguimos con boas noticias, xa que a próxima lectura para comentar será Luns de Eli Ríos. Terá lugar o xoves 22 de febreiro e teremos a oportunidade de conversar coa escritora. Todo un luxo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario