venres, 16 de xuño de 2017

Contos para bebés





Onte pola tarde tivo lugar unha sesión de contos para os máis pequenos da casa.




Uns vinte nenos e nenas acompañados dos seus pais riron, cantaron, tocaron as palmas e escoitaron contos de tradición oral da man da agrupación Pavís-Pavós.



 




Coma sempre esta actividade dirixida aos máis pequenos e que se ven facendo fai uns anos na Biblioteca Pública Municipal por estas datas foi todo un éxito de asistencia.





 Esta actividade encádrase no programa Ler conta moito.
Esperamos que o pasárades ben!

Ningún comentario:

Publicar un comentario