sábado, 22 de abril de 2017

A biblioteca nas ondas: especial Día do Libro


Onte foi un día moi especial xa que como ven sendo habitual fai uns anos celebrouse
"A biblioteca nas ondas: especial Día do Libro". 
Mañán, domingo 23 de abril, é o Día do Libro e na biblioteca adiantámonos e fixemos un programa de radio onde un grupo de rapaces acompañados das súas profesoras falaron das súas lecturas preferidas. Este ano participou alumnado de 3º de Primaria e os centros que responderon á chamada da biblioteca foron o CPI Alfonso VII, A Encarnación e o Colexio San Fermín.
Por problemas técnicos de última hora non se puido emitir en directo polo que o programa poderá escoitarse en Radio Caldas (107.4 FM) o luns 24 ás 17.00h.

Os nenos do Colexio "A Encarnación" foron os primeiros en sair.

Flavia Rebollar  e Telmo López comentaron as súas lecturas. El Gran Regreso de la Fantasía e Misión Flamenco, ambos protagonizados pola familia Stilton.

 



Lucía Vázquez trouxo un feixe de historias...365! e Nico Piana versos de Gloria Fuertes

Daniel Lois fíxonos partícipes da súa paixon polos dinosauros.

 Paula Diz, profesora de 3º de Primaria do colexio "A Encarnación" e Cristina falaron sobre como traballar a lectura nas aulas e os novos soportes.

O CPI Alfonso VI entrou en segundo lugar. 

               María Aboy e Pedro Diz trouxeron contos de raposos e poemas dun gato

 
Carla leu un parágrafo do conto O merlo do ferro e Martina Regueira transportounos ao país dos contos.

 
Visitamos Pompeia con Mateo Puente.

Daniel Uchofen falounos do libro Cousas de papá de Raúl Gómez

Daniel, Martina e Mateo recitaron unha poesía sobre o libro...e fixérono moi ben!

Josefa Ortigueira e Rosario Souto, profesoras do Colexio Alfonso VII, comentaron as súas últimas lecturas.

O colexio San Fermín rematou a actividade

 
Pedro Muñiz e Lidia Aboy viñeron acompañados de Gerónimo Stilton e dos Cinco.

Sara Triñans e Héctor Diz chegaron con dous libros de misterio. Unha aventura de Tea Stilton Misterio en el Orient Express e o Misterio dos fillos de Lúa.

Nerea Iglesias leu unha poesía feita pola súa clase: Poesía de maio para as nosas bibliotecarias.
Moitas grazas!


Dolores Fresco, titora do curso de 3º de primaria do colexio San Fermín, conversou sobre libros, lecturas e infancia con Cristina. 
 

Moitas grazas aos nenos e por suposto moitas grazas aos centros educativos e ao profesorado, en particular a Paula, Josefa, Rosario e Loli polo seu tempo e colaboración.
Por suposto non nos olvidamos das persoas que viñeron a arroupar aos participantes no programa de radio.
E grazas a Manuel e Estela de Radio Caldas, xa que sen eles sería imposible.
Foi un pracer contar con vós!

Ningún comentario:

Publicar un comentario