martes, 22 de marzo de 2016

Amor, erotismo e morte na biblio!

O 20 de marzo foi o Día da Narración Oral e a biblioteca celebrouno por adiantado polo que o venres 18 ás 21.00 horas veu visitarnos Charo Pita co seu espectáculo "Contos de amor, erotismo e morte"

Foi quen de engaiolar á trintena de persoas que acudiron a escoitar os seus contos onde as risas, o humor e a musicalidade tamén estaban moi presentes.




Grazas a ela lembramos a maxia das historias ben narradas! 

Nesta ocasión tocounos a nós, aos adultos, gozar dos contos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario