martes, 29 de decembro de 2015

Club de Lectura

O pasado xoves 17 de decembro o club de lectura da biblioteca reuniuse por última vez neste ano 2015. Comentouse o libro Sarou de Ramón Caride Ogando que deu lugar a un debate moi entretido.
En Sarou o ambiente do narcotráfico, das drogas e as consecuencias de todo iso, están moi presentes. E quizáis por ser un tema que se coñece ben na Galicia costeira houbo certa sensación de "déjà vu"
O libro foi escrito en 1997, ano no que gañou o premio Café Dublín, pero o paso dos anos non se lle nota, xa que segue sendo un tema de actualidade. 


A estruturación da novela facilita a súa lectura.  E a mestura das personaxes femininas, mulleres algunhas que non queren saber do que ocorre ao seu redor, outras máis novas e con ilusións, nais sufridoras e resignadas, nais fortes e valentes dispostas a facer o que sexa para saír adiante. O machismo e a violencia, explícita e implícita, é un elemento moi presente.
O final, aberto a posibles conxeturas tamén dou moito que falar...
En xeral, os asistentes á reunión, que estivo animada polas lambonadas navideñas que algún deles trouxo, coincidiron en que era unha lectura doada e entretida aínda que para uns máis que para outros.
O club volverase a reunir o 28 de xaneiro do próximo ano, o último xoves de mes como vén sendo habitual, para comentar nesta ocasión unha novela histórica, La herbolera de Toti Martínez de Lezea.

2 comentarios:

  1. Eu engadiría a este tema o recente libro de Nacho Carretero, Fariña, que reseñei no meu blogue Aullando (wordpress)

    ResponderEliminar
  2. Biblioteca de Caldas de Reis16:59 do 29 de decembro de 2015

    Moitas grazas Ernesto pola aportación. O certo é que este ensaio parece moi interesante, tanto polo tema, que nos toca de cerca, como polo traballo de documentación que se lle presume.Un saúdo

    ResponderEliminar