martes, 31 de marzo de 2020

Accede a Galicia Le


A Rede de Bibliotecas de Galicia brinda a posibilidade de darse de alta desde a casa na plataforma de préstamo electrónico "Galicia Le" e así acceder á Biblioteca Dixital da rede.


Unha vez rematada a corentena deberedes achegarvos á biblioteca para obter o carné se queredes continuar co acceso a GaliciaLe.
Se tedes algunha dúbida ou problema podedes poñervos en contacto coa biblioteca no seguinte enderezo: clublecturacaldas@gmail.com.    

Intentaremos axudarvos!

venres, 13 de marzo de 2020

Peche do servizo


A Biblioteca Pública Municipal "P. M. Martínez Ferro" estará pechada os próximos 15 días e as actividades programadas quedan suspendidas debido ás medidas que desde o Concello de Caldas de Reis se tomaron para a prevención da pandemia do  Coronavirus (COVID-19).
Os préstamos pendentes de devolución serán prorrogados tantas veces como sexa preciso. Se algún usuario/a recibe un aviso da plataforma non terá ningunha validez ata que a situación se volva a normalizar.

martes, 3 de marzo de 2020

Club de lectura

O pasado xoves tivemos a reunión do club de lectura e o comentario case foi unánime entre as persoas que estábamos alí:  "La novena hora" non emocionou. A súa lectura non é complicada, os temas plantexados son varios e moi interesantes, os personaxes son bos... pero a maioría non nos identificamos ca historia. Sen embargo, e aquí está a maxia do club, a Jesús, un dos integrantes encantoulle  e aportou unha visión diferente.


O vindeiro libro a ler é Sol de inverno dunha autora xa coñecida no club de lectura, Rosa Aneiros.


martes, 4 de febreiro de 2020

Club de lectura


O xoves pasado reunímonos para falar do libro de Marcos Calveiro "Festina lente". Non era un libro de lectura fácil, empezando polo seu vocabulario que, por momentos, facíase moi complexo.

Destacamos o gran traballo de documentación que fixo o autor e que lle permite retratar con moito detalle a vida en Compostela no século XVII.

É unha novela histórica a través da que coñecemos o mundo do libro naquela época, os costumes nunha cidade como Santiago de Compostela, a presenza e o poder da Igrexa na vida cotiá, etc.

O verbo dos arxinas, máis coñecida como lingua dos canteiros, está moi presente na historia e Ángeles, membro do club de lectura, contounos algunha que outra curiosidade sobre a mesma xa que na súa familia hai persoas con este oficio.

 O próximo libro a comentar no club de lectura é "La novena hora" de Alice McDermott.









venres, 10 de xaneiro de 2020

Club de lectura

A última reunión do club de lectura foi o pasado mes de decembro e como cada ano foi festexada como obrigan as datas, con doces navideños e un pouco de cava!


A lectura de Ladydi, a obra de Jennifer Clement, foi dura debido á temática tratada, a realidade dun grupo de mulleres e nenas nunha zona de montaña dominada polos narcos en Méjico. Violencia, pobreza e machismo plasmados a través da mirada dunha nena o que lle imprime ainda máis dureza  á historia. 
En xeral gustou moito aos membros do club entre outras cousas pola forma de narrar e a visión panorámica que da dunha situación que a veces vislumbramos nas noticias de sucesos que aparecen na prensa. 
O libro do que falaremos na vindeira reunión a finais do mes de xaneiro é:



Primeiro boletín de novidades 2020

Os Reis Magos viñeron cargados este ano cun feixe de novidades. Aquí vos mostramos algunhas delas. Narrativa en galego:


En castelán:


Obras de divulgacíón para xente con intereses diversos...

E para os máis novos da casa un pouco de todo. 
Libros de coñecemento:

E por suposto, moito conto:


 Podes consultar o boletín de novidades completo aquí: