venres, 29 de maio de 2015

CLUB DE LECTURA DO MES DE MAIO






Ademáis de ser un éxito de vendas a novela de Nickolas Butler Canciones de amor a quemarropa, está a recibir moi boas críticas. E onte, na reunión do club de lectura do mes de maio tamén recibiu as nosas, aínda que non todas foron moi positivas.
É unha lectura fácil, cunhas descricións tan visuais que case parece que estás a ler un guión cinematográfico. A historia, o reencontro duns amigos tras varios anos sen verse, está estruturada dunha maneira peculiar que foi un punto moi debatido, xa que houbo case o mesmo número de lectores aos que lles gustou coma aos que non.


Todos coincidimos en que se "deixa ler" pero mentres que para uns a súa lectura foi entretida, para outros "un tostón con aires ñoños e infantís" e houbo a quen lle pareceu unha "vaquerada".
Os tópicos que todos temos na mente da sociedade norteamericana, invaden toda a narración. O lector ten a sensación que as esceas se suceden pero que en realidade, non se conta nada. E a moitos de nós os personaxes parecéronnos planos e descritos con clixés.


Unha vez máis, grazas á controversia e as distintas opinións e gustos, o debate foi moi entretido.  
De feito este é un dos aspectos que máis nos gusta do club!



O vindeiro título que imos ler e último da temporada será Marcas de nacemento da autora canadense Nancy Huston.

UNHA TARDE DE MARIONETAS

Onte, xoves 28 de maio, tivemos unha tarde chea de títeres da man da compañía Viravolta .
A primeira hora tivo lugar un obradoiro de marionetas de papel. Ensináronnos a facer "comecocos". 


Armados con follas de cores, pegamento e tesoiras puxémonos mans á obra.


Parecía un reto difícil máis os rapaces rapidamente se familiarizaron coa técnica e fixeron uns traballos estupendos. Aquí tedes algúns exemplos:

Elora móstranos a súa marioneta!
Inés e o seu comecocos.

Rematamos o día cunha función de marionetas COCER E CANTAR e como podedes comprobar polas fotografías pasámolo moi ben cos contos e as cancións que nos trouxeron.






PERO... QUE FACÍAN DAVID, NOA, DARÍO E AYLA?

 

TODOS MOI ATENTOS... OS MAIORES TAMÉN!

mércores, 27 de maio de 2015

LECTURA, LIBROS, FOTOGRAFÍA

 

Desde a Biblioteca Pública Municipal "P. M. Martínez Ferro" animamos a participar na oitava edición do certame de fotografía "Momentos de lectura" organizado pola Fundación Alonso Quijano. Con esta actividade preténdese reflectir o mundo da lectura en calquera das súas dimensións e seleccionar 13 fotografías que serán publicadas no Calendario da Lectura 2016 da  Fundación.

 ANIMÁDEVOS!!

mércores, 20 de maio de 2015

ESPECTÁCULO DE MARIONETAS




  • XOVES 28 DE MAIO ÁS 19.30h.

  • PARA NENOS A PARTIR DOS 3 ANOS

  • INSCRICIÓN PREVIA NA BIBLIOTECA OU CHAMANDO AO 986530604

     

     

OBRADOIRO DE MARIONETAS



Achégate á biblioteca o xoves 28 de maio ás 17.30h e crea a túa propia marioneta.

O material, papel, tesoiras, pegamento poñémolo nós. 

  

PASARÁS UNHA TARDE DIVERTIDA!

Charla-coloquio sobre África

Viaxe virtual por África

Charla-coloquio 

 

Participa Abdoulaye Bilal Traorè e Begoña Castro.

Para rematar haberá un corcerto de percusión.

Venres 22 de maio ás 20.30h. na Biblioteca Municipal.

Organiza: Asociación Plural.es+=q. 

Colabora: Concello de Caldas de Reis

venres, 15 de maio de 2015

"Os contos de Pablísimo" na Biblioteca

Onte, xoves 14 de maio, tivo lugar unha sesión de contos a cargo de Pablo Sánchez "Os contos de Pablísimo".


Nesta ocasión visitounos coa actividade "Contiario". Uns trinta nenos acompañados dos seus pais e das súas nais participaron de forma activa e gozaron cun feixe de historias: contos que empezaban ao revés, contos con varios fianis, cantares de cego, adiviñas...


HOUBO QUEN ACERTOU UNHA ADIVIÑA BEN, BEN COMPLICADA!
 Que animal, despois de morto, segue dando voltas?
Adiviñada por un neno da catro anos!