Iniciamos este "curso" con moitas ganas, xente nova e novo calendario. Voltamos a reunirnos nun único grupo o último xoves de cada mes. A obra que comentaremos a finais de outubro é El vagón de las mujeres de Anita Nair.
Iniciamos este "curso" con moitas ganas, xente nova e novo calendario. Voltamos a reunirnos nun único grupo o último xoves de cada mes. A obra que comentaremos a finais de outubro é El vagón de las mujeres de Anita Nair.
A recta final do trimestre estivo chea de actividades.
Para mostra un botón:
![]() |
| O 5 de maio estivemos con Iseo a Moura e "A grandeza do pequeno". |
![]() | |||
| Trémola Teatro presentounos o 19 de maio "A gran aventura dos animais" | . |
![]() | ||
| O 2 de xuño o Mago Paco deixounos "Unha maxia diferente". |
![]() |
| Integrantes do club de lectura participaron do roteiro Castelao pola cidade de Pontevedra o sábado 10 de xuño. |
![]() |
| Ata o último momento tivemos visitas escolares. Foi un pracer pechar cos maiores de infantil do CPR San Fermín. |
![]() | |||
| Non esquecemos aos máis novos. Charo Pita contou para eles o venres16 de xuño. |
Por suposto non nos olvidamos da última reunión da tempada do club de lectura que como é habitual fíxose tomando uns viños nun local do pobo.
O pasado mes de maio os dous grupos do club de lectura reunímonos para comentar a obra "Os vellos non deben de namorarse" de Alfonso R. Castelao. Para a meirande parte dos integrantes do club foi unha segunda lectura pero, coma sempre, atopamos elementos novos e compartimos puntos de vista diferentes. Coñecemos algo mellor sobre o seu proceso de escritura así como algunha que outra curiosidade ao redor dunha obra tan recoñecida da nosa literatura.
O vindeiro e último libro da tempada é Nus de Manuel Gago.
Como é habitual a biblioteca presenta cada novo curso escolar o programa Coñece a túa biblioteca aos distintos centros educativos do Concello de Caldas de Reis. O obxectivo é dar a coñecer á rapazada os recursos, organización e servizos da biblioteca municipal, así como achegalos o libro e a lectura preséntandolles de forma amena e divertida aqueles materiais que poidan despertar a súa curiosidade. A animación á lectura está presente nas visitas polo que estas adáptanse tanto en contidos como formato aos distintos cursos e niveis.
O pasado mes de abril visitaron a biblioteca os nenos e nenas de Infantil do CPR La Encarnación. Durante tres mañáns gozaron coa Cociña dos contos da biblioteca.
Grazas ao profesorado polo interese e implicación nestas actividades!
![]() |
| Os máis pequenos estiveron atentos e moi participativos. |
![]() |
| Os de 5º de Infantil axudaron a preparar un rico menú de conto. |
![]() | |||
| Os rapaces de 6º de Infantil estiveron o 24 de abril e polas súas caras deberon pasalo ben. |
O vindeiro libro é todo un clásico da literatura galega "Os vellos non deben de namorarse" de Alfonso R. Castelao que dará paso a unha actividade do club de lectura fóra dos muros da biblioteca.