mércores, 10 de maio de 2017

Carlos Casares na biblioteca

Este ano o 17 de maio, Día das Letras Galegas, o autor homenaxeado é Carlos Casares. Desde a biblioteca municipal, coma ven sendo habitual, fíxose unha pequena mostra do material que hai no centro da súa autoría.


Para máis información das obras que temos de Carlos Casares na biblioteca consulta o seguinte enlace:

Os contos de Casares


luns, 8 de maio de 2017

O Xigante chega á biblioteca de Caldas

O sábado 6 de maio tivemos a visita da compañía Elefante Elegante que viña co seu espectáculo de contos teatralizado "O Xigante". 


Un grupo de vintecinco nen@s acompañados dos seus pais escoitaron e gozaron coa historia do xigante, baseada nun conto de Oscar Wilde, e á que Gonçalo Guerreiro lle dou a súa impronta persoal.


A actividade, cofinanciada entre a Consellería de Cultura e o Concello,  forma parte do programa Ler conta moito e o obxectivo é, ademais de dinamizar o centro, a creación e mantemento do hábito lector no público máis novo.

Bibliotecas públicas de todos e para todos!

 

martes, 2 de maio de 2017

Novidades de maio

Este é un mosaico con algúns dos títulos que este mes de maio pasan a formar parte do fondo da biblioteca. Se queres ver o total de obras consulta o boletín de novidades e achégate polo centro:

sábado, 29 de abril de 2017

Club de lectura de abril


O xoves 27 de abril, a reunión do club de lectura foi moi, moi especial.

En principio, a xuntanza ía xirar en torno á obra Los peces no cierran los ojos, de Erri De Luca,un dos mellores escritores iltalianos e dos máis lidos.

O protagonista desta novela, breve e intensa, recorda aos seus 60 anos aquel verán no que cumpría os 10. Unha cifra importante pois a a infancia acaba oficialmente cando se engade o primeiro cero aos anos, tal como se afirma na obra. Frases como esta non pasaron desapercibidas.
Todas as persoas que leron a De Luca destacaron o gran seu dominio da linguaxe, conciso, exacto e poético. A súa prosa pode ser áspera, incluso incisiva pero está moi coidada e desde logo, é moi particular. Varios aspectos da vida do autor están moi presentes e iso axuda a que o seu estilo sexa único

Pero Erri De Luca non lle ía quitar protagonismo a nosa querida Rosalía que quixo celebrar o seu cumple con nós. E fixo moi ben!

E sorprendeunos con pastas ben saborosas, espumoso, mantel precioso e servilletas vermellas para dar unha nota de cor ao que se presentaba coma unha reunión divertida. Rosalía coidou todos os detalles.



Aquí temos á homenaxeada, feliz e orgullosa de cumprir 80 anos! E non é para menos... Estás estupenda, Rosalía!
Un ambiente de alegría!


 que hai que inmortalizar!

Tamén houbo tempo para comentar a lectura e calificala. Para variar non houbo acordo. Houbo a quen lle gustou tanto que a volveu a ler e houbo para quen simplemente "se deixaba ler".
En calquera caso, é unha lectura moi recomendable.





Practicamente todas tiñamos as nosas frases favoritas que compartimos co grupo. A Rosalía gustoulle moito o seguinte parágrafo:
"Las bocas se vieron juntas e inventaron el beso, el primer fruto del conocimiento. Era mercurio, aquel conocimiento, un líquido sensible a la temperatura de los cuerpos"

Saimos da reunión levando O último día de Terranova de Manuel Rivas, a nosa lectura de maio.

martes, 25 de abril de 2017

Fábulas e obradoiro de máscaras para nenos

Seguindo coas celebracións do día do libro, o sábado 22 tivo lugar na biblio un obradoiro de máscaras ao que seguiu unha sesión de contacontos.


Esteban Acuña, de Tarabelos Teatro, encargouse de que a quincena de rapaces que participaron deran renda solta a súa creatividade.


Cada participante deseñou a súa propia máscara coa que participou na sesión de contos.
Aí os temos moi atentos, seguindo ás explicacións de Esteban. A cousa vai de fábulas.

 

Esteban marcaba o fío condutor.

Os participantes demostraron as súas capacidades interpretativas.

Quedamos pamp@s de admiración! Canto talento teñen os rapaces de Caldas!








Deixamos unhas fotos para que comprobedes o chula que foi a actividade e o ben que o pasaron.





























Mirade que fabulosas máscaras !