xoves, 1 de febreiro de 2024

Caracol, cara de col

O venres 2 de febreiro Baia Fernández de la Torre presentará o seu último libro para público infantil, Caracol, cara de col. Terá lugar na biblioteca ás 18.00h. A actividade dirixida a público infantil e familiar contará cunha sesión de "pintacaras". Para poder participar é preciso a inscrición na biblioteca.


Peche do servizo


 

xoves, 14 de decembro de 2023

Club de lectura

 A reunión do Club de lectura do mes de novembro levounos a comentar o libro de "El lenguaje de las fuentes" do autor Gustavo Martín Garzo. En xeral a obra gustou sobre todo polo novedoso enfoque co que trata un dos episodios bíblicos máis coñecidos.

 A obra da que falaremos o vindeiro 21 de decembro é a obra de Xabier Quiroga "Coa man esquerda".



O Nadal chega á biblioteca

Este mes de decembro temos dúas actividades na biblioteca para os máis pequenos da casa. Como é habitual é preciso inscrición para participar. Animádesvos?



xoves, 19 de outubro de 2023

24 de outubro, Día da Biblioteca

 


Outono na biblioteca

 Estos últimos días a biblioteca encheuse de xente grazas ás actividades que se levaron a cabo. O venres 13 de outubro tivemos unha sesión de contos e un pequeno obradoiro do que gozaron un grupo de nenos e nenas acompañados dos seus pais.

Por outra banda esta semana viñeron a visitar a biblioteca os rapaces de 1º e 2º da ESO do IES Aquis Celenis. Con esta  actividade, "Coñece a túa biblioteca", pretendemos achegar os servizos ao alumnado dos centros educativos do Concello de Caldas de Reis para que poidan aproveitar ao máximo os recursos que teñen ao seu alcance.

Para a vindeira semana teremos máis visitas na biblioteca, o club de lectura e por suposto o martes 24 de outubro a celebración do Día da Biblioteca cunha sesión de contos para nenos e nenas.

luns, 2 de outubro de 2023

Presentación do libro "Lauviah. De ángeles y moscas"

 Un bo amigo da biblioteca presenta o seu último libro na Biblioteca de Caldas de Reis. É un pracer contar con José Romero para que nos fale do seu poemario titulado Lauviah. De ángeles y moscas. A presentación terá lugar o venres 6 de outubro ás 20.30h.



 

Outono cultural


 O outono ven cargadiño de actividades. A biblioteca tamén está presente neste calendario cunha presentación dun libro, sesións de contos e obradoiros.

Seguro que atopas algunha que se adapte aos teus gustos!

Club de lectura: nova tempada 2023-24

 


Iniciamos este "curso" con moitas ganas, xente nova e novo calendario. Voltamos a reunirnos nun único grupo o último xoves de cada mes. A obra que comentaremos a finais de outubro é El vagón de las mujeres de Anita Nair.


 


luns, 3 de xullo de 2023

Recta final

 A recta final do trimestre estivo chea de actividades.

 Para mostra un botón:

O 5 de maio estivemos con Iseo a Moura e "A grandeza do pequeno".


Trémola Teatro presentounos o 19 de maio "A gran aventura dos animais"

.


O 2 de xuño o Mago Paco deixounos "Unha maxia diferente".


 
 
Integrantes do club de lectura participaron do roteiro Castelao pola cidade de Pontevedra o sábado 10 de xuño.


Ata o último momento tivemos visitas escolares. Foi un pracer pechar cos maiores de infantil do CPR San Fermín.


Non esquecemos aos máis novos. Charo Pita contou para eles o venres16 de xuño.



Por suposto non nos olvidamos da última reunión da tempada do club de lectura que como é habitual fíxose tomando uns viños nun local do pobo.

Grazas a todos pola vosa participación!



sábado, 3 de xuño de 2023

Club de lectura de maio

 O pasado mes de maio os dous grupos do club de lectura reunímonos para comentar a obra "Os vellos non deben de namorarse" de Alfonso R. Castelao. Para a meirande parte dos integrantes do club foi unha segunda lectura pero, coma sempre, atopamos elementos novos e compartimos puntos de vista diferentes. Coñecemos algo mellor sobre o seu proceso de escritura así como algunha que outra curiosidade ao redor dunha obra tan recoñecida da nosa literatura.

O vindeiro e último libro da tempada é Nus de Manuel Gago. 



venres, 12 de maio de 2023

Coñece a túa biblioteca

Como é habitual a biblioteca presenta cada novo curso escolar o programa Coñece a túa biblioteca aos distintos centros educativos do Concello de Caldas de Reis.  O obxectivo é dar a coñecer á rapazada os recursos, organización e servizos da biblioteca municipal, así como achegalos o libro e a lectura preséntandolles de forma amena e divertida aqueles materiais que poidan despertar a súa curiosidade. A animación á lectura está presente nas visitas polo que estas adáptanse tanto en contidos como formato aos distintos cursos e niveis.

 O pasado mes de abril visitaron a biblioteca os nenos e nenas de Infantil do CPR La Encarnación. Durante tres mañáns gozaron coa Cociña dos contos da biblioteca. 

Grazas ao profesorado polo interese e implicación nestas actividades!

 

Os máis pequenos estiveron atentos e moi participativos.
 
Os de 5º de Infantil axudaron a preparar un rico menú de conto.

Os rapaces de 6º de Infantil estiveron o 24 de abril e polas súas caras deberon pasalo ben.



Sesión de contos con Trémola Teatro


 

xoves, 27 de abril de 2023

Club de lectura de abril

 
Onte, mércores 26 de abril, tivemos a reunión do club de lectura para comentar a obra Hotel Silencio da autora islandesa Audur Ava Ólafsdóttir. Nesta ocasión reunímonos os dous grupos e como é habitual a charla foi enriquecedora grazas ás aportacións das participantes. Libro de fácil lectura e esperanzador foron os comentarios que máis se repetiron durante a conversa. Para a maioría trátase dunha historia moi recomendable onde a soidade, os efectos da guerra e a loita pola supervivencia atrapan case desde a primeira  páxina.
 

 

O vindeiro libro é todo un clásico da literatura galega "Os vellos non deben de namorarse" de Alfonso R. Castelao que dará paso a unha actividade do club de lectura fóra dos muros da biblioteca.

 



A grandeza do pequeno: sesión de contos con Iseo A Moura


 

luns, 17 de abril de 2023

A casa das letras

 Uns  vinte rapaces e rapazas gozaron con Electra Menéndez de "Pedras, artesanía e patrimonio" o pasado venres pola tarde. Primeiro escoitamos un conto e a continuación participamos dun obradoiro onde as habilidades e a imaxinación foron as protagonistas.

As fotografías dan testemuña que foi unha tarde divertida!