A segunda parte do obradoiro creativo e de
manualidades “Regalando poesías” que se desenvolveu o sábado 21, foi todo un éxito. Entre pegamentos, cartolinas e rimas, deseñaron tarxetas
poéticas con formas diversas.
Tras as
decoracións das tarxetas, as súas creadoras foron a repartilas á Praza
de Abastos e polas rúas de Caldas para compartir coa xente a súa arte ao
tempo que lle lembraban que o 21 de marzo era o día da Poesía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario