martes, 13 de decembro de 2022

Novidades decembro

 Xa puxemos a mesa de novidades e por suposto intentamos que todos atopedes o voso libro.

Grandes...






E pequenos...



Para ver o listado completo segue este enlace:

Club de lectura

 O pasado mes de novembro tivemos as reunións do club de lectura. A obra comentada foi  galardoada co Premio Pulitzer de ficción no ano 2015 "La luz que no puedes ver" do autor Anthony Doerr. 

    Todos coincidimos que se trata dun libro de fácil lectura, ainda que os saltos temporaris na narración nalgún momento confundían un pouco. A historia transcorre durante a Segunda Guerra Mundial e cóntanos a vida de dous rapaces que se cruzan nun momento dado así como dun amplo abano de personaxes secundarios moi interesantes.  A historia está ben tecida e os diálogos e as descripcións trasládannos a esa época. Coñecemos da importancia da radio como elemento de propaganda nese conflicto bélico  así como das accións de saqueo dos  tesouros culturais por parte dos invasores. A obra gustou, a uns moito e a outros menos pero coma sempre dou para unha conversa moi grata.

    A próxima lectura a comentar sera "El largo adiós" de Raymond Chandler.






venres, 18 de novembro de 2022

Contos con música na biblioteca

O pasado 24 de outubro celebramos o día da biblioteca e os contos non podían faltar. Invitamos aos pequenos da casa a acompañarnos e Cris, unha das bibliotecarias, acompañada de Xabi, músico e amigo, fixéronnos pasar unha tarde estupenda entre contos e notas musicais.


Grazas por acompañarnos nun día tan especial!

martes, 20 de setembro de 2022

Novidades na biblioteca

 Coa chegada do outono poñemos á vosa disposición un feixe de novidades moi variadas e para todos os públicos. Unha pequena mostra:

Cómic para lectores adultos




Un chisco de coñecemento con obras divulgativas


 
 
E por suposto ficción!

 

 

 

 

A rapazada tamén conta co seu espazo.


 

Sen esquecer aos máis pequenos... 


 O listado completo das novidades no seguinte enlace:

mércores, 24 de agosto de 2022

Novidades de verán

 No verán hai máis tempo ler e nós pensamos que unhas novidades con moita variedade ían prestar. 

Velaí unha mostra:

- novelas para o público adulto







-libros de coñecemento:

-para o público infantil:



- e cómics para todos as idades:

Una temporada para silbar

O día 30 de xullo tivo lugar a última reunión do club de lectura da biblioteca desta tempada 2021-2022 e foi un encontro moi especial xa que había moito tempo que non nos xuntabamos tanto os do grupo do mércores como o do xoves e para celebralo a reunión tivo lugar fóra da biblio onde tivemos ocasión de brindar polo noso querido club. 

A lectura da que falamos foi Una temporada para silbar de Ivan Doig e publicada por Libros del Asteroide. É unha novela ambientada no rural de Montana a principios do século XX, onde unha familia formada por un viúvo e os seus tres fillos pequenos deciden recurrir aos servizos dunha ama de chaves, Rose, que chegará acompañada polo seu irmán Morris quen acabará exercendo de mestre nunha escola unitaria rural. 

Polo tanto, non é de estrañar que os temas destacados da novela sexan a familia, a educación, a amizade e o amor, tendo como fondo a descrición de fermosos paisaxes de Montana. Está moi ben escrito e traducido pero a historia resultou algo monótona para algunhas persoas do club pois "non pasaba nada". Só describe o pasar da vida, dun estilo de vida que xa nos queda moi lonxe na memoria pero ao que presta volver de cando en vez. A pesar diso foi unha lectura que a maioría das persoas gozou xa que deixa un bo sabor de boca.

 

 



 

mércores, 29 de xuño de 2022

A nena que podía falar cos animais

 

Xeila é unha nena que ten unha habilidade sorprendente: pode falar cos animais! Grazas a ela soubemos o motivo polo que os coellos teñen as ourellas longas ou porque a raposa e o lobo nunca van xuntos. Sempre é un pracer recordar fábulas e contos tradicionais galegos.
Nerea Brey foi a encargada de desenvolver este espectáculo "A nena que podía falar cos animais" que gustou moito tanto aos nenos e as nenas coma
as súas familias.

Foi o 23 de xuño, recén finalizado o curso escolar; unha estupenda maneira de celebralo!


 Esta actividade foi cofinanciada co programa da Xunta de Galicia, Ler Conta Moito.

A biblioteca que viaxaba no tempo

Dentro das actividades da biblioteca procuramos ter unha especialmente pensada para os bebés e as súas familias. 

A tarde do venres 17 de xuño, visitounos  Olga Abad co seu espectáculo "A biblioteca que viaxaba no tempo". Olga veu acompañada de dúas maletas e nunha delas apareceu unha balea e coa súa axuda, contounos moitas historias nas que as familias participaron entusiasmadas.


Esta actividade foi cofinanciada co programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

 

mércores, 15 de xuño de 2022

Sesión de contos para bebés


Os máis pequenos das casas serán os protagonistas da próxima sesión de contos da biblioteca. O venres día 17 de xuño estará con nós Olga Abad e o seu espectáculo "A biblioteca que viaxaba no tempo" pensado para nenas e nenos de entre 6 meses e 3 anos e as súas familias. 

 

 


 

 Seguro que o pasamos xenial!

Actividade cofinanciada co programa "Ler Conta Moito"

Contamaxias. Maxia divertida co Mago Paco

 

A pesar da calor da tarde do venres 10 de xuño, a biblioteca estivo chea de nenas e de nenos coas súas familias para gozar co espectáculo "Contamaxias" do Mago Paco.

Houbo, loxicamente, moita maxia pero tamén moitos contos e moitas risas. O Mago Paco recordou a importancia da imaxinación que medra coa lectura. 


Esta actividade foi cofinanciada co programa "Ler Conta Moito"




luns, 6 de xuño de 2022

Obradoiro de cartón

 

O venres día 3 de xuño empezamos o ciclo de actividades "En xuño ler conta moito" cun obradoiro de cartón a cargo de Ton Arenas de Mircomina Teatro. Vinte eran as prazas dispoñibles e todas se ocuparon con nenas e nenos con moita creatividade. 

A actividade gustou moito e cada quen fixo a súa propia obra, un títere personalizado ao seu gusto co que poder xogar na casa.  

Esta actividade está confinanciada entre o concello e o programa da Xunta, Ler Conta Moito.



 

martes, 31 de maio de 2022

En xuño ler conta moito

 


Club de lectura

  O mércores 25 e xoves 26 de maio tiveron lugar as sesións do club de lectura. O libro a comentar era a obra de Diego Ameixeiras, "A crueldade de abril" publicado por Xerais. A dureza da historia e dos personaxes non deixaron indiferente a ninguén. Trátase dunha lectura áxil pero que deixa un pouso de desacougo no lector e fai que a súa "dixestión" sexa moi lenta e extremandamente ácida.

    O vindeiro título a comentar no mes de xuño é "Unha temporada para silbar" de Ivan Doig publicada por Libros del Asteroide.



Unha primavera de conto

    Este mes de maio cunha "Primavera de conto" estivo Caxoto con Carteiro en bicicleta para falarnos un pouquiño do homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas. Como é habitual nel fíxonos pasar unha tarde chea de gargalladas e o mesmo tempo aprendemos algunha que outra cousa.

E rematamos esta "Primavera de conto" con Bea Campos e Manuel de Migallas Teatro que visitaron a biblioteca o pasado venres 27 de maio coa sesión Contos nas orellas.  Pasámolo en grande, tanto que case non deixamos que marchen!



sábado, 21 de maio de 2022

Contos nas orellas


 O vindeiro venres rematamos cunha "Primavera de conto" da mellor maneira posible, con contos e música, da man de Bea Campos de Migallas. Desexando que chegue o día para gozar da actividade con todos vós!

mércores, 11 de maio de 2022

Horario


 

Novidades

 Chegaron novos títulos á biblioteca! Intentamos atender peticións dos nosos usuarios e por suposto non faltan algúnhas novidades editoriais. Coma sempre hai un pouco de todo e para todos.

                         Coñecemento


                      Ficción

        Para xóvenes lectores

e por suposto para os máis pequenos

Se queredes ver o listado completo consultade aquí:

martes, 10 de maio de 2022

Carteiro en bicicleta

 

    Para coñecer un pouco máis sobre as nosas letras e o escritor homenaxeado este ano, Florencio Delgado Gurriarán chamamos a Caxoto da Trastenda dos Contos para que cunha contada, ademais de pasalo ben poidamos descubrir algunhas cousas sobre os nosos autores e obras. Esperámosvos o venres 13 de maio ás 18.00h. A actividade esta orientada para nenos e nenas maiores de 4 anos e como sempre précisase inscrición previa na biblioteca ou chamando ao 986530604.

luns, 2 de maio de 2022

A muller na ciencia

    Estos días, do 2 ao 6 de maio,  vai ter lugar o Programa Cultura Ciéntifica "Sabi@ Caldas" e a biblioteca pública municipal "P. M. Martínez Ferro" expondrá unha pequena mostra bibliográfica titulada "A muller na ciencia". Trátase de 26 títulos para grandes e pequenos onde predominan as biografías sobre mulleres que tiveron un papel fundamental no desenvolvemento da ciencia ou da técnica ao longo da historia. Obras divulgativas que se adaptan a distintas idades e moi atractivas polo que vos animamos a visitar a biblitoeca e levar en préstamo este material.

Se queredes consultar o listado abride este enlace:

venres, 29 de abril de 2022

Club de lectura de abril

    Esta semana, o mércores e xoves 27 e 28 de abril, tiveron lugar as reunións do club de lectura para comentar a obra de Philippe Claudel "Almas grises". 

    Por suposto houbo disparidade de opinións pero en xeral estivemos de acordo en que non se trata dunha novela negra e polo tanto se alguén vai con esas expectativas pode sentirse decepcionado como lle pasou a algún dos compañeiros do club. A escrita gustou ainda que os saltos temporais despistaron a máis de un. Os personaxes están ben descritos e a localización da historia, o seu entorno, moi preto dun campo de batalla en plena I Guerra mundial confórmase como un personaxe máis da novela.

    É unha historia fascinante e perturbadora, onde a protagonista principal é a miseria humana, que por momentos chega a saturar, xa que non hai lugar para a esperanza.

    Esta é a segunda obra do autor que lemos no club. A primeira foi "La nieta del señor Linh" que tamén deixou unha forte pegada na memoria dos integrantes do club.  

    As reunións de maio versarán sobre a lectura da obra de Diego Ameixeiras "A crueldade de abril" editado por Xerais.

 


mércores, 27 de abril de 2022

Día do libro con Dani Blanco

O sábado pasado celebramos o Día do Libro co espectáculo de narración oral "Tanto vai o cántaro á fonte " de Dani Blanco.Contos para concienciar a grandes e pequenos sobre o valor da amizade ou a importancia de coidar a natureza e onde o humor foi un elemento clave da contada. Un grupo de máis de 30 nenos e nenas gozaron xunto cos seus pais, nais e/ou avos da actividade.

 Ata outra rapaces!


Coñece a túa biblioteca

    Hoxe rematamos coa visita do último grupo de Educación Infantil, os "veteranos" do colexio CPR La Encarnación. Durante este mes de abril achegáronse ata a biblioteca os tres grupos de Infantil do centro que participan sempre da actividade "Coñece a túa biblioteca". 

Hoxe, 27 de abril, estiveron os "veteranos"

Foi un pracer mostrarlles a biblioteca, falarlles dos servizos e por suposto presentarlles un feixe de atractivos materiais. Compartimos con eles o envío que nos chegou por correo... unha maleta que un  bibliotecario moi especial nos mandou e que viña chea de sorpresas!

Grazas ás profesoras e á rapazada!

O 6 de abril visitaron a biblioteca os pequenos


   Os de 2º de infantil estiveron o 20 de abril


xoves, 7 de abril de 2022

Día do libro infantil e xuvenil


 O pasado sábado 2 de abril, Día do libro infantil e xuvenil,  visitounos Raquel Queizás co espectáculo de narración oral Travesías.  Foi unha  viaxe chea de aventuras,  aventuras de libro por suposto, onde uns trinta rapaces e rapazas volveron a gozar dunha sesión de contos dentro do espazo da biblioteca.

Club de lectura



 A vinganza do defunto de Carlos G. Reigosa foi a novela da que se falou a semana pasada no club de lectura e como de costume houbo opinións diversas. Trátase da quinta entrega da serie de novelas iniciada por Crime en Compostela e protagonizadas polo detective Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde que  resolverán un misterio do pasado con raíces no presente. Esta obra de intriga entretuvo a uns e desgustou a outros ainda que houbo unanimidade en canto a que nos descobre toda unha serie de feitos históricos de interese acontecidos en Galicia durante a II Guerra Mundial.  Así coñecemos que no concello de Vila de Cruces houbo minas de volframio, as minas de Fontao, ou que Vigo e o seu porto convertíronse nunha vía de escape tanto para xudeus como para nazis.  

O título que protagonizará a reunión do club de lectura de abril é Almas grises de Philippe Claudel.