venres, 30 de novembro de 2018

Club de lectura

Onte, xoves 29 de novembro, na reunión do club de lectura, recoñecemos que grazas a este libro de María Solar, Os nenos da varíola, descubrimos unha gran fazaña científica . O doutor Balmis da corte real de Carlos IV e outros médicos foron os responsables de levar a vacina da varíola dende España ata América usando a cadea de brazo en brazo. Eses brazos foron en realidade, braciños de nenos de entre 3 e 9 anos. Nenos orfos recollidos nos orfanantos de Madrid, Santiago e A Coruña.
A expidición saiu de A Coruña e levou tamén á directora da casa de expósitos desa cidade, Isabel Zendal Gómez, en calidade de enfermeira.


O libro gustounos aínda que había quen consideraba que os protagonistas eran planos e con pouca profundidade psicolóxica. Coincidimos que se trata dunha lectura destinada ao público adolescente pero iso non debería xustificar a sensación de ser unha historia narrada de xeito "light", termo usado por algúns dos membros do club.

Debatimos sobre a cuestión ética e moral de usar a nenos orfos para ese fin. E tamén nos percatamos de que un fito histórico tan importante é pouco coñecido, incluso aquí en Galicia, de onde eran moitos dos seus protagonistas.
  
A lectura invita a realizar búsquedas para ampliar coñecementos. Hai un exemplar do libro na biblioteca, anímate a levalo en préstamo!


O próximo club de lectura terá lugar o 20 de decembro e o libro do que falaremos será:
¿Por qué ser feliz cuando puedes ser normal? de Jeannette Winterson.


mércores, 28 de novembro de 2018

A loita das mulleres indíxenas en Guatemala



Onte, martes 27 de novembro, tivo lugar unha charla moi ilustrativa na biblioteca municipal "A loita das mulleres indíxenas en Guatemala".


Juventina López Vásquez e Manuela Xocol a través da Deputación de Pontevedra e da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento contaron  as súas experiencias como activistas e promotoras dos dereitos das mulleres no seu país.




A charla está encadrada nas actividades desenvolvidas pola Concellería de Benestar Social neste mes de novembro onde se conmemora o Día contra a violencia de xénero.

mércores, 21 de novembro de 2018

Chocolate na biblioteca



A tarde do venres 9 de novembro tivemos "Chocolate" na biblioteca, un espectáculo da agrupación Teatro Calavera onde houbo moito conto e un obradoiro de cociña.


A pesar da choiva e o mal tempo a biblioteca encheuse de contos, rapaces e maiores con ganas de pasalo ben, froita e un riquísimo chocolate!














 

A rapazada saiu da biblioteca sabendo a historia e orixe do chocolate tras un conto moi divertido e cunha marabillosa brocheta de froita e chocolate que fixo as delicias de todos, grandes e pequenos.

Éxito total nunha tarde que parecía un diluvio universal!