luns, 30 de maio de 2016
Cuba, el mito de la desinformación
O venres 27 de maio tivo lugar esta charla informativa organizada pola asociación intercultural Plural.es. Amor Herrera fixo unha presentación moi amena e aclarounos algúns aspectos da vida do seu país natal.
martes, 24 de maio de 2016
Volve Pablísimo á biblioteca con "Mans"
Esta actividade está dirixida para rapaces a partir de 5º de Infantil. Pablísimo, coma sempre, seguro que nos sorprenderá unha vez máis...ANIMÁDEVOS!!
Anxos Sumai participa no club de lectura
A última lectura realizada no club de lectura da biblioteca foi A lúa da colleita de Anxos Sumai.
A autora case veciña, xa que é de
Catoira, tivo a amabilidade e xenerosidade de visitarnos e conversar con nós. O
coloquio transcurriu nun ambiente distendido e ameno. Anxos respondeu a todas
as nosas preguntas, participou no coloquio que abarcou tamén outra novela dela,
lida no club fai xa dúas tempadas, Así
nacen as baleas e que nos deixara un bo recordo.
Por todo iso houbo
momentos no que a conversación derivou cara o seu método de traballo a hora de
escribir, de organizar os temas e estruturar a narración. Das dificultades de
autocorrección, de elexir un título, da presenza das referencias musicais, ou
do seu estilo de prosa tan poética que a desvela coma una lectora ávida de
poesía.
Unha lectura moi recomendable! Grazas Anxos!
luns, 16 de maio de 2016
A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna
O venres ás 18.00h, entre rimas e risas a compañía Lucecús Teatro acadou o obxectivo de achegarnos a figura do poeta Manuel María dun xeito lúdico, divertido e moi pedagóxico. Todos rimos con este espectáculo, cofinanciado entre o concello e o programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia, titulado "A verdadeira histoira do poeta Manuel de Paderna".
Esta actividade enmárcase dentro das actividades organizadas desde a Biblioteca Municipal ao redor da festividade das Letras Galegas. Desde hai unhas semanas, nas súas instalacións presentamos unha pequena exposición da vida e obra do autor homenaxeado este ano e ademais agasallamos aos usuarios que utilizan o servizo de empréstito cuns marcapáxinas que lembran a súa persoa e obra poética xa que están decorados con diversos poemas de Manuel María.
Un xeito sinxelo e eficaz de ter presente os versos de Manuel María durante máis tempo!
venres, 13 de maio de 2016
venres, 6 de maio de 2016
A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna
Este ano o Día das Letras Galegas homenaxease a Manuel María e desde a Biblioteca Municipal queremos achegar a súa figura aos máis pequenos polo que vos invitamos a participar do espectáculo teatral da compañía Lucecús Teatro.
ESPERÁMOSTE!!
xoves, 5 de maio de 2016
Conferencia sobre Manuel María
Este ano o Día das Letras Galegas adícaselle ao escritor Manuel María. A Asociación Zona Afectada organizou unha conferencia onde coñeceremos un pouco mellor ao homenaxeado.
luns, 2 de maio de 2016
Novidades de maio
Hai un pouco de todo, como en botica: narrativa, ensaio, libros de imaxes para os máis novos, documentais, material en outros idiomas, etc
Para ver o listado completo das novidades vai ao seguinte enlace:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)