Patricia Núñez Sánchez de "O Faiado de Nin" achégase o vindeiro venres día 5 de outubro ata a Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis cun feixe de material, coñecementos e moita paciencia para que poidamos facer as nosas propias mochilas para libros...PRAZAS LIMITADAS!
venres, 28 de setembro de 2018
Deseño de mochilas para grandes lectores
Patricia Núñez Sánchez de "O Faiado de Nin" achégase o vindeiro venres día 5 de outubro ata a Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis cun feixe de material, coñecementos e moita paciencia para que poidamos facer as nosas propias mochilas para libros...PRAZAS LIMITADAS!
xoves, 27 de setembro de 2018
Club de lectura
luns, 24 de setembro de 2018
Inicio de clase
A semana pasada a Biblioteca Municipal participou na benvida aos alumnos de 1º e 2º da ESO do IES Aquis Celenis.
Como todos os anos o IES dá o pistoletazo de saída do curso cunha serie de actividades para os rapaces e este ano pensaron que unha contada sería o máis axeitado.
Cristina foi a encargada de facelo e cunha maleta chea de libros, un feixe de contos, uns máis tradicionais que outros, e anécdotas varias, animou aos rapaces a mergullarse nas historias
Damos as grazas a Pedro e demais profesorado do IES Aquis Celenis por pensar que escoitar e gozar cos contos é unha boa maneira de empezar o curso escolar.
Bo curso a todos!
mércores, 19 de setembro de 2018
Novidades de setembro e outubro
Voltamos das vacacións con moitísimas novidades. Achégate, seguro encontrarás algo do teu gusto.
Poesía, cómic para adultos, novela romántica, histórica, de intriga e misterio...
Lecturas que nos abren os ollos a outras realidades, que nos axudan coas nosas afeccións, lecturas para divertirnos cos nenos, para o noso tempo de ocio...
E por suposto materiais para os máis pequenos da casa
Para consultar o listado de novidades completo vai ao seguinte enlace:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)