sábado, 29 de decembro de 2018

Obradoiro de xogos de mesa na biblioteca



Este sábado día 29 de decembro ás 11.00 h na biblioteca municipal de Caldas de Reis, tivo lugar a última actividade do ciclo Nadal de conto na biblioteca!


Nesta ocasión, foi un obradoiro de xogos de mesa en galego, a cargo da empresa Brazolinda e que se encadra no programa Nadal en rede da Secretaría Xeral de Política Lingüística.


Un grupo de nenos e nenas acompañados dun familiar disfrutaron dunha mañán na biblioteca cun feixe de xogos como “A horta dos caracois”, “Xogo de birlos”, ou “O espello” entre outros.

Bo ano para todos!

sábado, 22 de decembro de 2018

Nadal de conto na biblioteca II

 Nestas datas navideñas, a rapazada caldense ten a oportunidade de sentir a biblioteca máis súa, participando na súa decoración.


A actividade Nadal de conto na biblioteca, é un clásico que se repite ano tras ano.
O venres participaron o alumnado de primaria.



Houbo que axudar pero moi pouco xa que eran todos uns artistas. De todos modos, agradécese a colaboración das nais e pais.







Pero que caras de felicidade!





 
 Tras escoitar uns contos que xiran en torno ao nadal, os participantes realizan un pequeno obradoiro de manualidades, levando para a súa casa unha das súas obras e deixando na biblioteca outra.


E o posado final  que non falte. Moitas grazas, rapaces!

venres, 21 de decembro de 2018

Horario no Nadal


Club de lectura


Como se fosemos rapaces en idade escolar, as persoas que formamos o club de lectura da biblioteca de Caldas de Reis, tamén facemos unha sesión especial antes das festas. Variamos a data do encontro que se adianta unha semana, xoves 20 de decembro, e poñemos na mesa, ao lado dos libros, doces navideños.
E así, entre polvoróns e bombóns imos comentando a lectura da obra ¿Por qué ser feliz cuando puedes ser normal? da autora inglesa Jeanette Winterson.

 
Provocou un debate intenso, establecéndose dúas posturas opostas. A quen lle gustou o fixo de tal modo que mercaría o libro para unha segunda lectura.
E o lado deste sentir estaba o de quen lle pareceu insoportable e pretencioso.
É unha novela con grandes saltos temporais e plagada de referencias literarias. A autora conta a súa vida desde a infancia cunha familia adoptiva e unha nai absorbente, manipuladora e fanática relixiosa. É unha historia diferente contada de xeito diferente. Apta só para algúns!?

 



O vindeiro título que imos ler no club é Benquerida catástrofe de Teresa Moure.

Nadal de conto na biblioteca!

Como vén sendo habitual desde fai uns anos, o persoal da biblioteca invita á rapazada caldense a decorala. A actividade titulada "Nadal de conto na biblioteca!" tivo lugar onte, xoves pola tarde. Nesta primeira quenda  viñeron os máis pequenos da casa, nenos e nenas de infantil.




Eran quince nenos e nenas acompañados dos seus pais e nais que escoitaron uns contos de temática navideña e posteriormente participaron nunha sesión de manualidades.


Maiores e pequenos traballaron moito para facer cada un a súa árbore e por suposto decorar a biblioteca con motivos navideños.

Felices Festas!

luns, 10 de decembro de 2018

A pedra do encanto

Hoxe chegounos en forma de agasallo dende a Facultade de Historia da Universidade de Vigo a   publicación A Pedra do Encanto. Os relatos das vellas pedras. Trátase do libro da exposición sobre a historia do conxunto de petróglifos da Pedra do Encanto e Os Ballotes (Bamio, Vilagarcía de Arousa) feita coa participación de investigadoras e investigadores da Universidade de Vigo.


Agradecemos a Beatriz Comendador, profesora da Facultade de Historia do Campus de Ourense e coordinadora do Grupo de Innovación Docente en Educación Patrimonial o envío da publicación para así dar a coñecer os distintos núcleos de arte rupestre da contorna.

martes, 4 de decembro de 2018

Novidades de Nadal 2018

A Biblioteca Pública Municipal "P. M. Martínez Ferro" remata o ano poñendo á vosa disposición un feixe de novidades así como de peticións dos usuarios.

Narrativa para adultos


Obras de divulgación


De temáticas moi variadas...









E por suposto lecturas para os máis novos da casa.


Son todos os que están, pero non están todos os que son
Para ver o listado completo segue o seguinte enlace:



sábado, 1 de decembro de 2018

Conto para escoitar mentres bailamos un valse


Un grupo de máis de vinte rapaces acompañados dos seus pais  achegáronse ata a Biblioteca Municipal para asistir a unha contada ”Conto para escoitar mentres bailamos un valse”  a cargo de Felipe Díaz, máis coñecido por Caxoto. 




Foi unha sesión con moita música na que os nenos puderon escoitar desde un xilófono ata un birimbao sen olvidarnos da gaita ou a pandeireta. 

Unha actividade na que tanto pequenos como maiores pasamos unha hora fantástica en torno aos contos e a música. 





Todos seguimos as pautas do director de orquestra , "tocando o instrumento" que Caxoto nos asignaba.

A Biblioteca Pública Municipal “P. M. Martínez Ferro” segue traballando e tendo como obxectivo a animación á lectura entre o público máis novo.