Na biblioteca de Caldas de Reis, o sábado día 3, ás 12.00 horas, máis de vinte rapaces escoitaron historias, algunhas doces e outras salgadas, grazas á narradora Fátima Fernández.
Moitos foron os pais e as nais que quedaron a gozar cos seus cativos dunha sesión de contacontos familiar onde houbo risas, cancións e medo. Incluso coñecimos animais nunca vistos!
Con todos estos elementos, a sesión foi unha experiencia entrañable polo que ten o de compartir emocións e sorpresas.
E como non podía ser doutra maneira, os pais tamén tiveron un protagonismo especial e participaron de xeito moi, moi activo.
Fátima Fernández agasallounos con historias soprendentes: galos que incuban ovos,
porcos que queren cociñar lobos, bárbaros a cabalo que son moi
especiais...
Foi unha xornada fantástica!!!
Grazas familias por participar!
Esta actividade está cofinanciada pola Xunta, a través do programa Ler conta moito.