Onte pola tarde tivo lugar unha sesión de contos para os máis pequenos da casa.
Uns vinte nenos e nenas acompañados dos seus pais riron, cantaron, tocaron as palmas e escoitaron contos de tradición oral da man da agrupación Pavís-Pavós.
Coma sempre esta actividade dirixida aos
máis pequenos e que se ven facendo fai uns anos na Biblioteca Pública Municipal por estas datas foi todo un éxito de asistencia.
Esta
actividade encádrase no programa Ler conta moito.
Esperamos que o pasárades ben!
Ningún comentario:
Publicar un comentario