mércores, 30 de xaneiro de 2019

Día da Ilustración


Hoxe, 30 de xaneiro, celébrase o Día da Ilustración. Trátase dunha data destacada no Calendario do Libro e da Lectura que se fíxo coincidir co día do nacemento de Castelao e ademais de lembrar o papel dos profesionais da ilustración, cada ano homenaxéase un ilustrador galego. O protagonista  este ano é Federico Ribas.

 O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

A biblioteca quixo poñer o seu gran de area decorando as fiestras do centro con obras de Castelao procedentes de Cousas da vida (Galaxia), viñetas que publicou na prensa diaria ó longo de moitos anos así como tamén outras ilustrascións procedentes de Galicia mártir e Átila en Galicia (A nosa Terra).




Facendo a pegada dos traballos de Castelao démonos conta do actuais que son e como nos fan reflexionar. Algúns exemplos:

Política

Funcionarios

Escola

A lingua







mércores, 16 de xaneiro de 2019

Novidades de xaneiro-febreiro

O ano veu cargado de novidades, e coma sempre temos para todos e todas, grandes e pequenos, obras de coñecemento e de ficción, cómic... etc.





Se queres ver o listado completo de títulos segue o seguinte enlace:

sábado, 12 de xaneiro de 2019

Contos espectaculares



Onte, venres 11 de xaneiro, foi o "Día do usuario das bibliotecas" e  na Biblioteca de Caldas de Reis celebrámolo da mellor maneira que sabemos: con contos e un obradoiro.

Unha veintena de nenos e nenas entre os catro e os nove anos acompañados dos seus pais pasárono en grande coa actividade Contos espectaculares.
Cristina sorprendeu a grandes e pequenos cun feixe de historias fascinantes e libros ben curiosos.  
Posteriormente os rapaces, coa axuda dos maiores, fixeron uns divertidos marcapáxinas.






















Azayla ensina o seu traballo

Lucía mostra o seu marcapáxinas

                                                              Lorenzo fixo un ciclope!






As rapazas maiores sorprenderon cuns marcapáxinas  de unicornios...semella que o pasaron ben!


E PARA REMATAR DESCUBRIMOS MÁIS CONTOS ESPECTACULARES.