O vindeiro libro é todo un clásico da literatura galega "Os vellos non deben de namorarse" de Alfonso R. Castelao que dará paso a unha actividade do club de lectura fóra dos muros da biblioteca.
xoves, 27 de abril de 2023
Club de lectura de abril
venres, 21 de abril de 2023
luns, 17 de abril de 2023
A casa das letras
Uns vinte rapaces e rapazas gozaron con Electra Menéndez de "Pedras, artesanía e patrimonio" o pasado venres pola tarde. Primeiro escoitamos un conto e a continuación participamos dun obradoiro onde as habilidades e a imaxinación foron as protagonistas.
As fotografías dan testemuña que foi unha tarde divertida!
mércores, 5 de abril de 2023
Novidades en abril
O mes de Abril, mes do libro, ven cargado de novidades á biblioteca. Coñecemento, novela, banda deseñada...un pouco de todo e para todos, grandes e pequenos. Tédelos á vosa disposición na entrada do centro.
Podedes ver o listado completo neste enlace:
martes, 4 de abril de 2023
Animais do bosque con Trinketrinke
O pasado venres tivo lugar o contacontos teatral "Animais do bosque". Un grupo de máis de trinta nenos e nenas, acompañados dos seus pais, achegáronse ata a biblioteca para gozar con Trinketrinke. Fuco, un ratiño de biblioteca, trouxonos unha chea de contos e cancións ata a nosa biblioteca. Que ben o pasamos!
Club de lectura
Este pasado mes de marzo nas reunións do club de lectura comentamos o libro Kitchen da autora xaponesa Banana Yoshimoto. A obra caracterízase polo seu intimismo e verosimilitude. Un dos comentarios que máis se repiteu foi o de "historia triste pero fermosa". Tamén falouse das peculiaridades que atopamos na escrita dos autores orientais, dos silencios e por suposto da importancia da cociña neste texto.
A lectura para o mes de abril é Hotel silencio da escritora islandesa Audur Ava Ólafsdóttir.