Esta semana, o mércores e xoves 27 e 28 de abril, tiveron lugar as reunións do club de lectura para comentar a obra de Philippe Claudel "Almas grises".
Por suposto houbo disparidade de opinións pero en xeral estivemos de acordo en que non se trata dunha novela negra e polo tanto se alguén vai con esas expectativas pode sentirse decepcionado como lle pasou a algún dos compañeiros do club. A escrita gustou ainda que os saltos temporais despistaron a máis de un. Os personaxes están ben descritos e a localización da historia, o seu entorno, moi preto dun campo de batalla en plena I Guerra mundial confórmase como un personaxe máis da novela.
É unha historia fascinante e perturbadora, onde a protagonista principal é a miseria humana, que por momentos chega a saturar, xa que non hai lugar para a esperanza.
Esta é a segunda obra do autor que lemos no club. A primeira foi "La nieta del señor Linh" que tamén deixou unha forte pegada na memoria dos integrantes do club.
As reunións de maio versarán sobre a lectura da obra de Diego Ameixeiras "A crueldade de abril" editado por Xerais.